O vindeiro xoves 30 de abril ás 20:30 no Salón de actos do Conservatorio Municipal Profesional de Música de Culleredo, terá lugar a charla coloquio: "Diagnóstico precoz do cancro de mama", que será impartida polo Dr. Joaquín Mosquera Osés, Coordinador do programa galego de detección precoz do cancro de mama.
A actividade ten por obxetivo concienciar ás mulleres de Culleredo sobre a necesidade de previr unha enfermidade que, diagnosticada ao seu debido tempo, diminúe enormemente os riscos. A organización do acto corre a cargo da Concellaría de sanidade que dirixe Carmen Varela Corbelle e da Asociación galega de mulleres afectadas por cancro de mama: "Asociación punto e seguido".
Con este acto preténdese tamén ir sensibilizando ás mulleres cullerdenses para que participen da 7ª campaña de prevención que, a Consellería de sanidade porá en marcha no municipio a partires do próximo día 21 de maio, e que vai dirixida a todas as mulleres en idades comprendidas entre os 50 e os 69 anos, mulleres as que lles chegará unha carta a domicilio convocándoas para unha data co obxetivo de realizar as probas preventivas pertinentes.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER