Os vindeiros venres 8 e 22 de maio e o 5 de xuño ás 19.45h, no Pazo Vila Melania, en Vilaboa, dentro do programa das Aulas Abertas que desenvolve a concellaría de Benestar social, está prevista unha charla-coloquio para a todas familias de Culleredo, titulada "Falas de sexualidade coas túas fillas e os teus fillos?" a cargo da Orientadora no IES Menéndez Pidal da Coruña, Luísa Abad.
Con este ciclo de charlas "Aprender para educar" que imparte a Asociación Psicopedagóxica Galega, e que se ven desenvolvendo dende o pasado mes de outubro, a concellaría de Benestar Social, pretende dinamizar ás familias culleredenses e crear unha toma de conciencia a respecto do papel básico que a familia debe xogar na educación e na busca de comunicación entre os seus membros para deste xeito tentar de mellorar e previr situacións de risco na comunidade
Esta actividade conta cun servizo de ludoteca para a atención dos fillos/as das familias asistenctes.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER