O luns 11 de maio, ás 13 horas no Centro de Formación e Emprego "Pablo Picasso",o Alcalde, Julio Sacristán e a Concelleira de Formación e Emprego, Marta Iglesias, clausuraron o Proxecto Experimental PONTE. Asistiron a este acto a maioría dos 120 participantes.
O Proxecto PONTE é un proxecto de preparación para o traballo dirixido a mellorar a capacidade de inserción laboral das persoas desempregadas a través de accións de INFORMACIÓN, ASESORAMENTO, FORMACIÓN e ACOMPAÑAMENTO PERSOALIZADO na procura de emprego.
Neste programa de actualización e reciclaxe profesional, participaron extraballadores e extraballadoras da Fábrica A Toxa,, así como outros desempregad@s do concello. As actuacións desenvoltas foron diversas e adaptadas aos participantes: Obradoiros de motivación e achegamento ao mundo laboral, Itinerario formativo en Ventas, Informática, Itinerario formativo de Almacén, Adestramento na busca de emprego activa...
Este proxecto comenzou a súa andaina o 1 de Maio de 2008 e rematou o 30 de Abril.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER