O Centro de Maiores ten programado para o domingo 31 de maio, unha viaxe gastronómica e cultural ao concello de Pontecaldelas (Pontevedra) no que ademais de disfrutar da festa da troita que alí se celebra, poderase visitar a vila termal de Pontecaldelas.; xa na xornada de tarde, visitarase o castelo de Soutomaior, os seus xardíns e o interior do mesmo.
O custo desta viaxe é o establecido nos prezos públicos: persoas socias do centro 7 € e non socias 11,20 € ; o xantar é opcional cun custo de 10 €, así como a visita ao interior do castelo que ten un custo de 80 céntimos.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER