O venres 5 de xuño ás 17:00 h. terá lugar a clausura das escolas de nais e pais para o curso 2008/2009. A clausura terá lugar na Casa Rectoral de Celas.
As participantes das escolas, xunto cos seus fillos e fillas, realizarán unha ruta "moi especial" polos muíños Rego das Xesteiras, onde terán probas e actividades que superar a medida que van coñecendo a ruta.
Con esta actividade lúdica, dinámica e participativa preténdese seguir na liña de ofrecer recursos ás familias para o disfrute dun tempo de lecer e ocio saudable.
A clausura rematará ás 19:00 h. cunha merenda para todas e todos os participantes. No acto estará presente a Concelleira de Educación: Carmen Varela Corbelle. Tamén haberá agasallos para os fillos e fillas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER