O vindeiro sábado día 13 de xuño terá lugar a derradeira das excursións do programa de Rutas pola Provincia. "A Coruña a pé " que organiza a Concellería de Cultura do Concello de Culleredo. E que se desenvolveu cun notable éxito dende o pasado mes de outubro do ano 2008.
Nesta ocasión o destino serán as TERRAS DE SALVATERRA E TUI ao longo do río Miño na raia galego-portuguesa.
Un programa de sendeirismo que cumpre dezasete anos ininterrompidos de viaxes a través da provincia coruñesa , percorrendo a historia, lendas, natureza e paisaxes.
No pasado ano as excursións visitaron fermosos lugares das catro provincias galegas. Nesta ocasión volvemos a atravesar camiños para soñar a través das catro provincias galegas, coñecendo o seu mar, as súas praias, fragas e ríos, a súa riqueza monumental rematando cunha ruta polos camiños arraiáns con Portugal.
O programa transcorreu este ano polas catro provincias galegas así viaxamos no mes de xaneiro polos camiños prehistóricos nas terras do Eume a través do corredor ecolóxico das Neves e o Sesín de Caaveiro para xa no Entroido visitar o Forgoselo e a Pena dos Tres Pés, a Eira das Greas e o río da Hermida..
En marzo puidemos disfrutar cos carreiros que adentran na frondosidade vexetal dos Muíños de Samieira no río da Freiría no Concello de Poio en Pontevedra. Coa primavera o destino foi a costa do sol das Rías Baixas a través da ruta de bucaneiros e corsarios entre Monteferro e a Ramallosa nas praias de Panxón e América. Xa cos Maios visitamos Ézaro, o Xallas, Caldebarcos e Carnota na procura do cume do Monte Pindo. Remataremos este programa de rutas camiñando polo Río Miño na raia Galego-Portuguesa por Terras de Salvaterra e Tui o vindeiro sábado.
O número de prazas será de 48 . O prazo de inscrición estará aberto ata as 14:00 horas do xoves anterior á excursión para empadroados no Concello de Culleredo. O venres anterior ao día da rota abrirase o prazo para non empadroados no caso de quedaren prazas libres.
O prezo por inscrición é de 10 euros por excursión cun abono de 72 euros para todas as excursións. Este prezo inclúe transporte, monitores especializados, seguro para cada excursionista e guieiros informativos. As inscricións poden realizarse no Edificio de Servizos Múltiples de O Burgo.
A saída está prevista para as oito da mañá con regreso aproximado ás nove da noite.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
Ruta 13.06.09.pdf | 19.97 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER