Os días 3, 4 e 5 de xullo celebrarase nas inmediacións do Paseo marítimo do Burgo o segundo Mercado templario do Burgo de Faro.
Ao longo destes tres días a ría do Burgo mudará a súa faciana, convertíndose nun espazo cargado de maxia e ledicia. As persoas asistentes poderán gozar de actividades diversas, como as actividades infantís, pensadas para os máis cativos, ou unha exhibición e exposición de cetraría con aves de moi diversos tipos. Entre os artesáns deste ano destacan as mulleres artesás de Castelo; así, dunha banda estarán as cesteiras, famosas pola súa destreza e gusto artístico á fronte do tecido de varas, e doutra, teremos a presenza dunha monitora de encaixe de bolillos, que demostrará a súa mestria co arte dos palillos e do fío. Outros artesáns invitados son o ferreiro, o soprador de vidro, o oleiro e o canteiro... ademais contarase coa presenza de numerosos postos de venda de artigos artesanais. Ás habituais actuacións musicais e teatrais, este ano incorporaranse algunhas novas como a dos cuspidores de lume ou a dos trapecistas. Os máis cativos serán novamente os reis e as raíñas da festa, xa que poderán montarse ao lombo dun poni ou aprender a facer piruetas no trapecio. Un ano máis, a diversión e o gozo estarán presentes nestes tres días de festa templaria.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER