Firma dun protocolo de colaboración entre o Concello de Culleredo e a Asociación pro-enfermos mentais (Apem)

O día 15 de xullo ás 11 horas tuvo lugar no Salón de plenos, a firma dun protocolo de colaboración entre o Concello de Culleredo e a Asociación pro-enfermos mentais (Apem) para a realización dun estudio de viabilidade para a construcción no termo municipal, dun centro integral de atención de persoas con enfermidades mentais e as súas familias.

O acordo ten como obxectivo o de estudar a viabilidade técnica e económica da construcción do centro, centro que estaría ubicado en terreos municipais, con cesión de uso, na zona urbana de Culleredo.

Aínda que os estudos se iniciarán a partires da firma do convenio, o alcalde de Culleredo manifestou que este proxecto é de interese estratéxico para o concello, tanto desde o punto de vista social e dos servizos que vai a prestar, e que serán pioneiros a nivel de toda Galicia, como desde unha perspectiva económica, xa que permitirá a creación de 20 novos postos de traballo, ademais da repercusión sobre o entorno comercial próximo ao centro. Julio Sacristán tamén destacou o valor engadido que ten que o autor da obra de construcción sexa o arquitecto César Portela, obra que axudará a eliminar o estigma que sempre acompaña ás persoas con problemáticas de saúde mental.

Pola súa banda, José Luis Muruzabal Arlegui, Presidente de Apem, declarou que esta é a obra máis ambiciosa na que se embarca a asociación, e que será un referente a nivel galego. Contará con servizos de aloxamento alternativo: prazas residenciais e de respiro familiar, vivendas de tránsito, 1 centro de rehabilitación psicosocial e laboral, ademais doutros servizos para a recuperación física e psicolóxica dos usuarios/as e o disfrute de actividades de ocio e tempo libre.

Unha comisión de seguimento institucional e outra técnica serán as encargadas de realizar o estudo de viabilidade que se estima esté rematado antes de finalizar o ano, e ambas partes comprométense no acordo a buscar as vías de financiación públicas e privadas que sexan necesarias.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina