“I concurso de deseño de carteis e slogans contra a violencia de xénero”

O vindeiro luns 14 de setembro, ás 11:30, no Conservatorio profesional de música de Culleredo, terá lugar a inauguración da exposición do "I Concurso de deseño de carteis e slogans contra a violencia de xénero", promovido pola área de servizos sociais da Deputación de A Coruña.

Ao acto teñen previsto asistir deputados provincias e representantes municipais vinculados ás áreas de benestar social e igualdade de ambas institucións.

O motivo da exposición é a sensibilización da sociedade ante o problema dos malos tratos. En concreto téntase promover unha actitude reflexiva e participativa da sociedade galega en torno a esta cuestión.

A Deputación de A Coruña, no marco das actividades do 25 de novembro de 2008, convocou o I Concurso de carteis con slogan contra a violencia de xénero, concurso ao que concorreron 140 obras das cales 40 foron seleccionadas e unha delas premiada: a de Carlos Julio Clerins Estrada. Estas obras elexidas conforman a exposición que se inaugurará en Culleredo e que poderá visitarse ata o 25 de setembro en horario de 9:00 a 20:00.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina