Entramos no outono e nada mellor que esta exposición de Víctor Rey, un artista con grande querencia por representar as paisaxes douradas desta estación, para inaugurar estes meses de humidades e melancolía.
Paisaxes, como di un dos seus críticos, Luis González Tosar, nas que tingue "os horizontes de ouro vello, de cobres indicibles e de bronces opacos". Ou, na opinión de Miguel Anxo Fernán Vello, Víctor Rey ofrece "unha linguaxe de carácter simbolista que traslada notas poéticas de misterio ou de meditación lumínica sobre a paisaxe mesma".
Quedan convidados á inauguración.
Inauguración o venres 25 de setembro de 2009, ás 20.30 h, na Sala de Exposicións "Xosé Rey Lago" dos Muíños de Acea de Ama (O Burgo - Culleredo).
Do 25 de setembro ao 12 de outubro de 2009.
Horarios:
Luns a venres: de 18.00 a 21.00 h.
Sábados: de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00 h.
Datos biográficos
Víctor Rey Grande naceu en Ourense e reside en Santiago. De formación autodidacta, forma parte da Asociación de Artistas Plásticos de Galicia. Está incluído na Guía de Artistas de Galicia, editada pola Xunta de Galicia.
Convidado polo Concello e Brión, ten participado nas edicións dos Encontros coa Arte, dedicados a Rosalía de Castro (2006), Álvaro Cunqueiro (2007), Eduardo Blanco Amor (2008) e Celso Emilio Ferreiro (2009).
Da súa obra téñense ocupado críticos de arte ou escritores como Mercedes Rozas, Francisco Xosé Fernández Naval, Miguel Anxo Fernán Vello, Luis González Tosar ou Xurxo Fernández.
Posúen obra súa Concellos como os de Brión, Porto do Son, O Rosal, Baiona ou A Guarda, a Xunta de Galicia, o BBVA...
Selección de exposicións individuais-colectivas:
2003: Galería Cabanillas (Ourense); Sala da Asociación de Artistas Plásticos Galegos (Santiago); Aula de Cultura do Concello de Santiago-As Fontiñas; Edificio Servicios Múltiples da Xunta de Galicia (Lugo).
2004: Centro Comarcal da Xunta de Galicia (Carballiño-Ourense); Galería Princesa (Ourense); Galería Restaurante Sexto (San Marcos, Santiago); Homenaxe a Dalí. Fundación Araguaney (Santiago); Nadir. Camiño de Compostela: Centro Galego de Lisboa, Convento dos Capuchos (Almada, Portugal), Área Panorámica (Tui), Sala Asociación de Empresarios Polígono do Tambre (Santiago), Sala Xosé Rey Lago e Aula de Natureza Juan Lembeye (Culleredo), Edificio Liceo (Betanzos).
2005: Sala ARGA (Santiago); G H Hoteles (Santiago, Lugo e Ourense); Colectiva Polimorfías Cromáticas; Pazo Adrán (Teo); Galería ARGA (Santiago); 3 Mundos. Xunta de Galicia. Consellería de Presidencia. Delegación provincial (Lugo); Casa da Cultura (Porto do Son); Vilanova de Cerveira (Portugal); Expo-nadal ARGA. Club Financeiro Atlántico (A Coruña); Museo Torres (Marín); IV Centenario El Quijote. Fundación Araguaney (Santiago); O Mar (Volvo Ocean Race 2005-2006). Club Náutico (Sanxenxo).
2006: Fundación Araguaney (Santiago); XV Feira do Viño (O Rosal); Feira de Arte Plásticas (A Coruña e Baiona); Sala da Casa do Concello (Baiona).
2007-2008: Feira das Artes Plásticas (A Coruña e Baiona); Salzburgo (Austria), Galería Geraldes da Silva (Oporto), Centro Cultural da Guarda (Pontevedra), Galería Tribes (New York); Sala ARGA (Santiago).
2009: Sociedade Liceo (Noia); Feira de Artes Plásticas (A Coruña e Baiona).
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER