O vindeiro sábado día 24 de outubro a partir das 18:00 horas terá lugar no espazo natural do Parque Recreativo da Torre de Celas o Magosto Municipal que, dende máis de quince anos, organizan a Concellería de Cultura do Concello de Culleredo xunta a Asociación Cultural "Peña O Cruceiro" de Celas.
Tradicionalmente máis dun milleiro de persoas de todo o entorno de Celas e outras parroquias de Culleredo xúntanse arredor da grande festa da castaña que preparadas de moitas formas, pero sempre dun xeito tradicional repártense de maneira gratuíta entre todos os asistentes, cocidas, asadas acompañadas por viño novo así como touciño asado na brasa para rematar cunha queimada celebrada por todos/as os asistentes. Todo isto de balde.
A festa estará amenizada pola actuación do "Grupo Instrumental de Maiores" do Concello de Culleredo, o grupo de gaiteiros da Asociación Cultural "Cata Almibre" e a orquestra "Los Españoles", que poñerá o fin de festa cun animado baile.
Unha carpa medieval con inchables e obradoiros de abalorios e chapas fará as delicias dos mais novos.
O alcalde de Culleredo inaugurará a Pista Polideportiva cuberta recén rematada no entorno do parque da Torre de Celas.
Para máis información ver o arquivo que se achega.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
magosto.pdf | 379 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER