Programación teatral. Homenaxe a Roberto Vidal Bolaño.

O vindeiro venres día 30 de outubro terá lugar a terceira das funcións teatrais incluída dentro dos Encontros Culturais do Outono coa representación ás 20:30 horas no Edificio de Servicios Múltiples de O Burgo do espectáculo "E TI, QUEN VÉS SENDO? de TALIATEATRO escrito e dirixido por Cándido Pazó. A entrada é gratuíta e a obra está dirixida para público adulto.

Que pasaría se, de súpeto, alguén ocupase o teu lugar na vida? Pero non alguén en xeral, senón unha copia exacta de ti mesmo, que coñece ata os máis íntimos detalles da túa vida. Como demostrar que un mesmo é o "auténtico" cando o "outro" é idéntico a un mesmo? Este é o arranque da peripecia do Anfitrión de Plauto, revisitada en clave actual por Cándido Pazó. Anfitrión e o seu escravo Sosia son suplantados polos deuses Xúpiter e Mercurio mentres están na guerra. O motivo deste engano é o desexo amoroso de Xúpiter por Alcmena, a muller de Anfitrión.

"E ti, quen vés sendo" está interpretada por: Toño Casais, Artur Trillo, David Creus, Dani Trillo, Marta Ríos, Rosi Barcala, María Ordóñez, Diego Rey, Gustavo G. Dieste e Xurxo Barcala.


TALÍA TEATRO é unha compañía de Cee que data do ano 1987, acadando dende a súa fundación, e con cada espectáculo realizado, unha maior consolidación como compañía estable, logrando cada vez máis difusión e aumentando progresivamente o número de funcións de cada espectáculo.

Nos últimos tempos Talía Teatro conseguiu certo recoñecemento da crítica, acadando nos dous últimos anos os premios do "Certame Xuventude de Teatro".


Teñen realizado e producido os seguintes espectáculos:1988. O rei aborrecido, de Xesús Pisón. 1989. Aquí non paga ninguén, de Darío Fo. 1990. O crime de Aldea Vella, de Bernardo Santareno. 1991. Gaivotas subterráneas, de Alfonso Vallejo. 1993. Ai, Carmela, de J. Sanchís Sinisterra. 1994. T. W. C. , Colectiva. Fando e Lis, de Fernando Arrabal. 1995. Rezagados, de Ernesto Caballero. 1996. A secreta obscenidade de cada día, de M. A. de la Parra. 1996. Pedro e o capitán, de Mario Benedetti. 1997. Retén, de Ernesto Caballero. 1998. Marsal Marsal, de J. Sanchís Sinisterra. 2000. Soños dun seductor, de Woody Allen. 2000. Menos lobos, de Artur Trillo. 2001. Dakota, de Jordi Galceran. 2002. Supermáis, de J.M. Benet i Jornet. 2002. Xustiza infinita, de Cándido Pazó. 2003. Bicos con lingua, de VV.AA. A paz do crepúsculo, de Itziar Pascual. Eu así non xogo, de Artur Trillo. 2004. Molière final, de Roberto Salgueiro. 2005. Mundos contados, de Paula Carballeira. 2006. Esperando a Godot, de Samuel Beckett. O merlo branco, de Cándido Pazó. 2007. Quero ser grande.

Para máis información ver o arquivo que se achega.

Vista previaAdxuntoTamaño
talía teatro.2009.pdf72.01 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina