XV Seminario de Historia de Culleredo

Seminario CulleredoA Concellería de Cultura do Concello de Culleredo ven de abrir o prazo de inscrición para participar no XV SEMINARIO DE HISTORIA DE CULLEREDO, que se celebrará no Edificio de Servizos Múltiples de O Burgo, os días 26 - 27 - 28 de novembro, dedicado este ano a "A VOZ FUNDAMENTAL DE UXÍO NOVONEYRA NA GALICIA CONTEMPORÁNEA".

A Concellería de Cultura do Concello de Culleredo, unha vez concedida a Uxío Novoneyra a dedicatoria das letras galegas 2010, do que fumos promotores, decidimos adiantarnos e dedicar o Seminario de Historia deste ano a "A voz fundamental de Uxío Novoneyra na Galicia Contemporánea", estudando polo miúdo a súa traxectoria persoal, poética, pictórica, a súa vinculación coas terras do Courel e contextualización cos tempos que tocaron vivir, o seu tempo político, etc., contando de novo co apoio da Universidade da Coruña, que o recoñece como actividade formativa, permítenos plantexar un seminario de moi alto nivel como se pode comprobar no programa que xuntamos, onde participarán importantes especialistas da literatura galega como Xesús Alonso Montero, Anxo Tarrío Varela, Xosé María Dobarro Paz, Herminio Barreiro, Luciano Rodríguez Gómez, Luis García Soto; coñecedores da xeoloxía do Courel como José Ramón Vidal Romani; historiadoras como Mª Xesús Souto López; pintores como Antón Patiño; poetas como Bernardino Graña, Miguel Anxo Fernán Vello; novelistas como Xabier Alcalá Navarro e políticos como Xosé Manuel Beiras.

No contexto do Seminario organízase a exposición fotográfica "Uxío Novoneyra e os últimos labregos" de Federico García Cabezón na aula da Natureza do Xardín Botánico "Ría do Burgo" do 13 ao 30 de novembro.

Así mesmo o venres 27 de novembro ás 20:30 horas está previsto o espectáculo de poesía, música e danza contemporánea "Tender a Man" coa poeta Yolanda Castaño, a bailarina Branca Novoneyra, filla de uxío e un grupo de músicos formado por Isaac Garabatos, Jesús Andrés e Mónica de Nut.

Para máis información ver o arquivo que se achega.

 

Vista previaAdxuntoTamaño
diptico seminario.pdf 255.38 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina