O vindeiro mércores 16 e xoves 17 de decembro ás 20:15 e ás 20:00 horas respectivamente, terán lugar as audicións de violonchelo e guitarra no Auditorio do Conservatorio de música de Culleredo.
Ditos concertos ofrecen a oportunidade ós alumnos de interpretar en público pezas musicais ante as súas familias, amigos, compañeiros de clase e todo o público que desexe acudir a dito evento. O valor educativo se centra non só no desenvolvemento das capacidades para afrontar situacións en público por parte do alumnado, senón que tamén abrangue aspectos de avaliación dos obxectivos plantexados no trimestre e outros relacionados co ámbito convivencial e integrador das familias dentro do centro, entorno a unha actividade musical con un valor educativo e cultural.
A motivación e a experiencia lograda con esta actividade e moi beneficiosa, ademais de necesaria na carreira dun músico, por ter que habituarse a interpretar música ante o público, tarefa que canto antes se inicie nos estudos do neno, máis natural será para él nun futuro.
Sen máis están invitados a acudir este mércores as 20:15 e o xoves ás 20:00 ao auditorio do Conservatorio de Culleredo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER