Proxecto Dinamo

 Proxecto Dinamo - Logo

 

 Cofinanciado por

 

Ver presentación completa do proxecto DINAMO 

Descargar presentación completa do proxecto DINAMO

No Proxecto DINAMO (Dinamización Social e Accións de Mellora Urbana en Culleredo-O Burgo) englóbanse catro programas, incluíndose en cada un deles diferentes actuacións. De forma esquemática, os programas coas súas correspondentes actuacións serían:

Taboa descriptiva

O proxecto que a continuación se presenta denominouse Proxecto DINAMO (Dinamización Social e Accións de Mellora Urbana en Culleredo - O Burgo).

O nome elixido fai referencia ao eixo transversal do proxecto: a mobilidade e a accesibilidade. De feito, do Proxecto DINAMO está formado por catro programas, sendo un deles o Programa de Mobilidade. Ademais, do oito actuacións que se propoñen, catro están relacionadas coa área temática de mellora da mobilidade e accesibilidade: construción dunha pasarela peonil sobre o ferrocarril, plan de accesibilidade sobre a contorna urbana do Burgo, acondicionamento e mellora da Zona Verde do río Trabe e estudo de viabilidade dun transporte ecolóxico.

O nome de DINAMO tamén fai referencia ao dinamismo social, aspecto que se contempla nas diversas actuacións do Programa de Dinamización Social do proxecto, onde se inclúe a creación de tres equipamentos sociais -centro cultural, ludoteca e centro multifuncional- que favorecerán a convivencia e interrelación entre os veciños do Concello. Á marxe do Proxecto DINAMO, o Concello ten previsto a creación doutros equipamentos sociais, que se situarán nos chans da fábrica de Cros -biblioteca, ximnasio, auditorio, salas para diversas actividades sociais e culturais, etc.-.

Co desenvolvemento do Proxecto DINAMO preténdense alcanzar os seguintes obxectivos:

  • Promover un conxunto de actuacións que favorezan o desenvolvemento do municipio dunha forma integrada, ordenada e coherente coas planificacións estratéxicas rexionais, autonómicas, estatais e comunitarias.
  • Ampliar e mellorar os espazos de lecer e esparexemento dos cidadáns e cidadás, prestando especial atención aos criterios de accesibilidade e mobilidade para que o uso destes espazos públicos poidan ser gozados por todas as persoas con independencia da súa idade ou condición física.
  • Suscitar o respecto polo medioambiente mediante a creación de carreiros que permitan gozar á poboación de contornas naturais que posúen un gran valor paisaxístico.
  • Motivar o interese polo patrimonio, en especial polo arquitectónico, mediante a rehabilitación de elementos emblemáticos do municipio.
  • Rexenerar espazos urbanos que, debido ao rápido crecemento urbano experimentado nas últimas décadas, víronse deteriorados.
  • Integrar a todos os cidadáns e cidadás dentro das dinámicas socioculturais desenvolvidas desde o Concello de forma que se potencie a integración social.
  •  Implementar no territorio as novas tecnoloxías da información e comunicación para que os axentes que interveñen no territorio e a poboación en xeral dispoñan da información necesaria e gocen das vantaxes que ofrecen ditas ferramentas para situarse como territorio estratéxico nunha contorna cada vez máis competitivo.

Os obxectivos do Proxecto DINAMO adáptanse aos obxectivos estratéxicos da Resolución de 7 de novembro, da Secretaría de Estado e Cooperación Territorial pola que se aproban as bases reguladoras da convocatoria 2007 de axudas do FEDER. Así, no Anexo I, Bases reguladoras, na Base 1ª, Obxecto e finalidade, no punto 2, establécese:

"Mediante estas axudas preténdense como obxectivos estratéxicos, de acordo co enfoque recolleito no MENR, que diferencia as actuacións a acometer en función do tamaño dos municipios:

a) Cohesionar o territorio a través de proxectos integrados de rexeneración urbana e rural destinados aos municipios pequenos e medianos.
b) Reforzar a participación cidadá na xestión dos asuntos públicos e a mellora dos servizos locais"

Neste sentido, no Proxecto DINAMO tivéronse en conta estes dous obxectivos estratéxicos. Por unha banda, o obxectivo de cohesionar o territorio garántese polo carácter integrado do proxecto. De feito, o proxecto consta de oito actuacións integradas, xa que todas elas teñen como finalidade ampliar as zonas de lecer e esparexemento do municipio, ben mediante a ampliación de espazos para pasear, ben mediante a creación de servizos para gozar do lecer. Ademais, a localización da maior parte das actuacións do proxecto sitúanse ao longo do 5 km. do paseo pola ría do Burgo ou nas súas proximidades. Por outra banda, neste proxecto tamén se tivo presente en todo momento a participación cidadá, tanto no deseño das actuacións como na xestión e avaliación do proxecto.

 

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina