O servizo de aluguer de bicicletas do Concello comenzou a funcionar o venres 4 de decembro

O préstamo efectuarase mediante unha tarxeta persoal que se proverá unha vez completada a alta

O pasado venres 4 de decembro púxose en marcha o Servizo de aluguer de bicicletas "Culleredo en Bici" promovido pola Concellería de Promoción Económica do Concello de Culleredo e coa colaboración do INEGA (Instituto enerxético de Galiza) e o IDAE (Instituto para a diversificación e aforro de enerxía). A inauguración tivo lugar ás 13.00 horas no paseo marítimo do Burgo e contou coa asistencia do alcalde, Julio Sacristán, a primeira tenente de alcalde, Raquel Jabares, ademais de representantes do Inega.


O pleno da corporación xa aprobou o mes pasado o regulamento de acceso ao servizo e as tarifas que deberán aboar os usuarios. Para poder alugar as bicis, o Concello facilitará unha tarxeta cun número de pin. O coste de alta no servizo é de tres euros. Posteriormente, as persoas empadroadas en Culleredo que queiran utilizar o servizo de xeito habitual poderán pagar 10 euros e obterán acceso ao préstamo durante un ano. O resto dos usuarios aboarán 5 euros para ter un dereito de acceso durante unha semana.


Para efectuar o servizo, o Concello instalou tres estacións con "aparcabicicletas" no paseo marítimo do Burgo (Avenida da Coruña con Avenida Juan Carlos I, xunto á caseta de turismo), paseo do río Trabe (Vilaboa, rúa Luís Seoane) e na Urbanización A Ría (Fonteculler, Praza A Ría). Os horarios de funcionamento serán os seguintes, aínda que poderán ser variados en función das necesidades que surxan:

  • Tempada de verán (abril a setembro): de 09:00 a 21:00 horas
  • Tempada de inverno (outubro a marzo): de 09.00 a 19:00 horas

Alta de usuarios

Poderán ser usuarios e usuarias do servizo municipal de préstamo de bicicletas todas as persoas maiores de idade que se dean de alta no servizo. As persoas de entre 16 e 17 anos poderán darse de alta coa autorización expresa e declaración de responsabilidades dalgún dos seus pais ou titores.

A alta pódese tramitar na Casa do Concello, no pazo de Villa Melania, e no Edificio municipal de Servizos Múltiples coa entregaq da seguinte documentación:

  1. Modelo normalizado de solicitude cuberto
  2. Fotocopia do DNI
  3. Xustificante bancario de aboamento

O uso da bicicleta dependerá da dispoñibilidade das mesmas nos puntos de préstamo.

Establécese un período máximo de utilización do servizo para cada desprazamento de dúas horas. Unha vez que se exceda este período o sistema non permitirá un novo desprazamento ata que non transcorra un prazo de dúas horas.

A bicicleta só poderá ser usada dentro da zona urbana de Culleredo. En ningún caso se utilizará en escaleiras, ramplas, campos de terra etc. O usuario comprométese á conservación e bo uso da tarxeta. Para os supostos de extravío ou rotura, e/ou solicitude dun duplicado, o custo de emisión da nova tarxeta deberá ser soportado polo usuario.

Co programa, o goberno local pretende facilitar e potenciar o uso da bicicleta como medio de transporte urbano no Concello de Culleredo.

Máis información en  

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina