Programación Nadal 2009-2010

Promoción Económica Campaña Nadal 2009-10

Campaña de Dinamización Comercial e Hostelería Nadal 2009-2010
Con motivo das próximas festas de Nadal, a Concellería de Promoción Económica, organiza a Campaña de dinamización comercial e hosteleira Nadal, 2009-2010, co lema "Qúedate en Culleredo". O obxectivo que se quere conseguir é promocionar e dinamizar tanto as empresas comerciais como hosteleiras do municipio.

Este ano a Campaña consta das seguintes actuacións:

? ANIMACIÓN COMERCIAL

? PAPÁ NOEL E CARTEIRO REAL

Papá Noel e o Carteiro Real percorrerán as principais rúas comerciais do concello en horario de 17:00 a 20:00 animando e recibindo a todos os rapaces/zas que queiran entregarlle a súa carta. Os días 22 e 23 de decembro nos visitará Papá Noel en trineo e os días 29 e 30 de decembro o fará o Carteiro Real.

Días 22 e 30 de decembro:

O Burgo: 17:00 a 18:30
Fonteculler: 18:30 a 19:00
Vilaboa: 19:00 a 20:00

Días 23 e 29 de decembro:

Vilaboa: 17:00 a 18:00
Fonteculler: 18:00 a 18:30
O Burgo: 18:30 a 20:00

Repartirán globos co lema "Qúedate en Culleredo"

? II FESTA DA NEVE

O día 28 de decembro na praza situada na Avenida de Rutis (Urbanización Tierno Galván) en horario de 17:30 a 20:00 vaise celebrar a II Festa da neve. Esta festa está dirixida a todos os rapaces e rapazas do Concello.

17:30 a 18:00 Animación con xogos e cancións con 4 animadores
18:00 a 18:30 Contacontos
18:30 a 19:00 Animación con xogos e cancións con 4 animadores
19:00 a 20:00 Festa da neve

Ademáis ás 18:30 e ata as 19:30 achegaráse á festa o Carteiro Real acompañado do seu Paxe quen chegará montado no seu Trono Real conducido por un Quad decorado con motivos navideños e recibirán aos máis pequenos nas súas peticións navideñas aos Reis Magos.

Haberá música e lanzamento de confetis.

? CABALGATA DE REIS

O día 5 de xaneiro terá lugar a tradicional Cabalgata de Reis, que se organiza entre a Concellaría de Promoción Económica e a Concellaría de Participación Cidadá, Deportes e Festas, coa colaboración das empresas "Autoescuela San Martín" e "Ya-car".

O percorrido é o seguinte:

- Centros culturais. A partir das 17:00 visita aos centros culturais: Orro (17:30), Ledoño (18:00), Sueiro (19:00), Sésamo (19:30) e Celas (20:30). Finalizando a cabalgata cun grupo de animación.

- Rutis e O Burgo. Saída ás 17:30 co seguinte percorrido: Recinto Multiusos do Paseo do Burgo, avda. Xoan Carlos I, Fonteculler, As Brañas, avda Portádego, rúa Amparo López Jean, Corveira, Vilaboa (Recepción Praza Igrexa ás 19:00), rúa Vicente Risco, rúa Andrés Pan Vieiro finalizando cunha Recepción na Praza Europa ás 20:00

- Culleredo e Almeiras. Ás 19:15 chegarán os Reis Magos ao Centro "O Noso Lar" en Culleredo para continuar no Centro Social de Almeiras ás 20:00, finalizando cun grupo de animación

Están previstas diversas sorpresas durante a cabalgata. Repartiránse caramelos sen gluten.

? ELEMENTOS DECORATIVOS DE ILUMINACIÓN DE NADAL.

O obxectivo da iluminación é crear un ambiente festivo que dinamice o concello desde o punto de vista comercial, hosteleiro e turistico.

A iluminación estará en funcionamento do 12 de decembro de 2009 ao 6 de xaneiro de 2010, ámbolos dous incluidos, entre as 18:00 e as 1:00 horas, co obxecto dun maior control e aforro enerxético, e seguindo a recomendación do IDAE (Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía).

A iluminación está subvencionada pola Deputación da Coruña

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina