Julio Sacristán recibe a representantes da nova asociación socio-sanitaria con SAúDE de Culleredo

SAúDEForon recibidos por Julio Sacristán de Diego membros da directiva da nova asociación socio-sanitaria con SAúDE de Culleredo. Neste acto os representantes da asociación expuxeron ó rexidor que inician a súa andaina cun plan de traballo ambicioso para este ano.

A asociación, que ten como finalidade o apoio a persoas con enfermidades graves e/ou crónicas e a promoción de estilos de vida saudables presenta como actividades salientables as seguintes: un grupo de autoaxuda dirixido a persoas con cancro, un grupo de apoio a coidadores de enfermos crónicos, un proxecto de promoción do paseo saudable, un obradoiro de cociña sá, un servizo de apoio en terapia ocupacional a domicilio, un taller de musicoterapia dirixido a enfermos mentais e un proxecto de promoción de hortos urbáns.

A asociación está constituída por persoal voluntario de distintas profesións: medicina, psicoloxía, terapia ocupacional, traballo social, dereito..., e por familiares e doentes.

Pola súa banda, o concello de Culleredo e a súa concellaría de sanidade está a prestar colaboración técnica e de infraestructura local para apoiar todas estas iniciativas.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina