Comezaron os concertos didácticos de música clásica en Culleredo

O venres día 5 de febreiro, 195 alumnos/as de 4º de educación primaria dos colexios de Tarrío, Sofía Casanova, Díaz Pardo e Ría do Burgo, asistiron a un concerto de música clásica no Salón de actos do Conservatorio profesional de música da Concellaría de educación De Culleredo.

Este concerto didáctico foi interpretado por profesores da Escola municipal de música da Coruña, por mor do convenio asinado entre a OSG (Orquestra Sinfónica de Galicia) e a Deputación.

Durante os 50 minutos de duración do concerto, o alumnado fixo un percorrido polos diferentes estilos musicais e escoitaron temas representativos de cada un deles: Rock, Poprock, Salsa, Cha Cha Cha, Bolero, Jazz, Blues, Bossa Nova etc.

O Departamento municipal de educación leva varios anos ofertando aos centros escolares do municipio actividades musicais, co obxectivo de dar a coñecer ao alumnado os diferentes tipos de música e fomentar o gusto e aficción pola mesma.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina