A Real Filarmonía de Galicia interpretou unha das obras mais especiais e paradigmáticas de Ludwig Van Beethoven, o seu Concerto Triple para violín, violonchelo e piano, en Santiago de Compostela o pasado xoves 25 de Febreiro.
Este concerto, un dos mais famosos de Beethoven e sen dubida o mais coñecido para tres solistas e orquestra na historia da música, ofrece un dos mais fermosos exemplos de diálogos entre solistas e orquestra.
Ante dito evento, o Conservatorio de Culleredo organizou un desprazamento ao Auditorio de Galicia para brindar aos seus alumnos a oportunidade de poder gozar da interpretación de dito concerto. Foi unha magnífica actividade didáctica e ofreceu aos alumnos a posibilidade de ver a grandes solistas en directo e de coñecer a obra nunha das mellores salas de concertos nacionais.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER