O vindeiro domingo día 14 de marzo ás 20:30 horas no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo terá lugar o concerto "Antoloxía da Zarzuela" interpretado pola Orquestra Sinfónica de Melide acompañada pola Coral Polifónica "O Eco" da Coruña xunto á Soprano Susana Lorenzo e o Barítono, Miguel Rivas. A dirección correrá a cargo de Fernando Vázquez Arias.
Serán en total 35 músicos máis 52 coralistas os que participaran neste concerto no que se interpretarán un abano de fragmentos extraídos de distintas obras destacadas do eido do Teatro Lírico Español. El Barberillo de Lavapies, Luisa Fernanda, La Rosa del Azafrán, La del Soto del Parral, La Gran Via, entre outras.
A entrada é de balde ata agotar o aforo.
"ANTOLOXÍA DA ZARZUELA".
As bandas de música son a peza básica no desenrolo do mundo musical galego, elas foron as nosas escolas, conservatorios e orquestras, o único medio o noso alcance durante moitos anos para transmitir todo o que musicalmente se realizaba en Galicia.
A xira do 2009, "Grandes Coros de Ópera", patrocinada tamén pola Deputación de A Coruña, foi dedicada a os coros galegos, por ser outro dos piares da nosa música, que durante séculos divulgaron as creacións dos autores galegos.
A Zarzuela, ou Xénero Chico, como e chamada por outros, desenrólase principalmente na capital madrileña. Alí centrábanse a maioría dos compositores, libretistas, actores, cantantes e músicos, un público entusiasta con ganas de escoitar novas producións e os principais teatros de España, para os cales se escribían estas obras, principalmente durante os séculos XIX e principios do XX. Unha vez estreadas estas composicións, e acadando un certo éxito, tiñan lugar as distintas xiras polos teatros de provincias, pero en Galicia, como era normal nesa época, carecíase de infraestrutura adecuada e poucos recursos económicos. Por este motivo e outros de carácter de divulgación, os compositores buscaron unha nova vía para dar a coñecer as súas obras, que consistía en arranxalas, versión instrumental, para as bandas de música e, así, puidesen interpretalas.
Unha vez máis o papel das bandas faise imprescindibles para dar a coñecer estas novas creacións a un público alonxado das grandes cidades, e polo tanto privado destes acontecementos culturais.
A proposta de Fernando Vázquez Arias para esta "Antoloxía da Zarzuela" patrocinada pola Deputación de A Coruña, consiste nun abano de fragmentos extraídos de distintas obras destacadas do eido do Teatro Lírico Español. El Barberillo de Lavapies, Luisa Fernanda, La Rosa del Azafrán, La del Soto del Parral, La Gran Via, entre outras.
Estas obras son tan coñecidas entre o público das bandas que practicamente non programan ningún concerto na que non se incluía algún fragmento deste xénero.
O programa do concerto será o seguinte
1ª PARTE.
EL BARBERILLO DE LAVAPIES......................................... F. A. BARBIERI.
(Introdución y Coro Xeneral).
DOÑA FRANCISQUITA....................................................... A. VIVES.
(Coro de Románticos).
EL BARBERILLO DE LAVAPIES........................................... F. A. BARBIERI.
Canción de la Paloma (Soprano y Coro).
LA ROSA DEL AZAFRÁN..................................................... J. GUERRERO.
Canción del Sembrador (Barítono y Coro).
LAS HIJAS DE ZEBEDEO..................................................... R. CHAPÍ.
Dúo de Felipe y Mari Pepa (Soprano, Barítono).
LA ROSA DEL AZAFRÁN..................................................... J. GUERRERO.
Coro de Espigadoras.
2ª PARTE.
LUISA FERNANDA.......................................................... F. M. TORROBA.
Mazurca de las Sombrillas (Soprano, Tenor, Coro).
Romanza de Barítono (Barítono).
LA CANCIÓN DEL OLVIDO............................................. J. SERRANO.
Romanza de Tiple (Soprano).
LA CHULAPONA............................................................. F. M. TORROBA.
Tiempo de Chotis (Coro).
LA DEL SOTO DEL PARRAL........................................... SOUTULLO Y BERT.
Donde estarán nuestros mozos (Coro).
LA GRAN VÍA................................................................... CHUECA Y VALVERDE.
Chotis (Soprano y Coro).
LA CALESERA.................................................................... F. ALONSO
Pasacalle de los Chisperos (Todos).
FERNANDO V. ARIAS. DIRECTOR.
Considerado como un dos novos directores de formación máis completa, recibe esa primera formación baixo a dirección do seu pai. Estuda no Conservatorio de Música da Coruña as carreiras de piano, trompeta e composición. Gaña o premio de honor de fin de carreira outorgado por un conservatorio galego, na especialidade de piano.
Entre 1986 - 1991 asiste, bolseiro pola Xunta de Galicia, ao Real Conservatorio de Música de Madrid, onde obten o título Superior de Dirección de Orquestra e Coros co mestre F. García Nieto.
Como alumno activo, realizou cursos de Dirección de Orquestra co mestre ruso Rozhdestvensky (Siena, 1989) e co alemán Helmuth Rilling (Santiago, 1992). Desde 1982 desenvolve unha intensa actividade como director e compositor.
A fronte da Coral Polifónica El Eco realiza varias producións operísticas. Entre 1987-93 dirixe o Conservatorio de Grao Medio de Lalín (Pontevedra), onde crea a orquestra deste e potencia o coro e a banda municipais.
En Melide (A Coruña) crea o Conservatorio de Grao Medio do que é director musical na actualidade. No ano 1993 presenta a Orquestra de Cámara de Melide. Considerado pola crítica como un dos músicos máis comprometidos coa súa terra, busca continuamente a potenciación dos recursos musicais galegos e estrea numerosas obras de novos compositores. En 1998 realiza unha xira á fronte da Orquestra de Cámara de Melide polos distintos auditorios da comunidade, dando pé a intervir como solistas invitados aos noveis músicos galegos.
Como compositor ten estreadas diversas obras parra coro e orquestra sinfónica, piano só, voz e piano e música de cámara. Destacan entre elas a Cantata do Deza, a Cantata Melidá, e unha adaptación sinfónica de dez temas populares galegos preparada por encargo da Consellería de Relacións Institucionais.
En 1997 foi nomeado director da Escola de Prácticas Orquestrais do IGAEM e director titular da Xove Orquestra de Galicia, así como profesor de Composición e Instrumentación do Conservatorio Superior de Música da Coruña.
O 4 de Abril do 2005 dentro dunha actividade desenvolvida polo Conservatorio Superior da Coruña e a Sociedade Filarmónica, estrea a súa "Sinfonía Romántica" nunha colaboración mantida polas dúas orquestras, a do Conservatorio Superior da Coruña e a de Melide, baixo a súa batuta. En maio do mesmo ano, estrea o seu concerto para piano e orquestra no Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela), interpretado pola Orquestra Sinfónica de Melide, o pianista Xabier Grela e o propio autor na dirección.
Os seus concertos foron gravados pola TVE, Antena3TV, Telecinco, TVG e diversas emisoras de radio. Ten editados CDs: Luminaria, O Son do Futuro, Cantata do Deza, Antoloxía da Zarzuela, Cantata Melidá, Solistas Galegos, Música do Cine, Fragmentos de Ópera, Dúos e Arias de Zarzuela, Música Sinfónica e Concerto Vienés.
Dirixiu, entre outras, as seguintes orquestras: Virtuosos de Moscova, Orquestra Filarmónica Nacional de Moldova, Orquestra Sinfónica de Melide, Xove Orquestra Sinfónica de Galicia (XOGA), Orquestra Sinfónica de RTVE, Orquestra de Cámara da Coruña, Orquestra de Cámara de Pontevedra, Orquestra do Norte de Portugal, Orquestra de Cámara de Lalín, Filharmonie Bohuslava Martinú (Chequia), Orquestra de Cámara de Kishinev (República Moldava), e a Orquestra do Conservatorio Superior da Coruña.
CORAL POLIFÓNICA O "ECO" DE A CORUÑA. DIRECTOR: FERNANDO V. ARIAS.
A Coral Polifónica o "Eco" de A Coruña foi fundada polo mestre Pascual Veiga en Decembro do ano 1881. Entre as súas distincións conta coa Medalla de Ouro e Prata da cidade de A Coruña, Medalla de Ouro de París, Medalla de Ouro de Oporto, Cruz dos Anxos de Oviedo, etc...
Entre os seus directores o longo de todos estes anos encóntranse os principais músicos Galegos como: Pascual Veiga, Chane, Mauricio Farto, José Baldomir, Rodrigo A. de Santiago, Jesús González de Velasco, Santiago Pérez Bernal, Rogelio Groba, Alejo Sanchís, e na actualidade o director e compositor Fernando V. Arias.
Participa en mais de 41 títulos de Ópera nos festivais organizados por Amigos da Ópera de A Coruña, en máis de 180 representacións, acudindo invitado as tempadas producidas en outros lugares como Vigo, Oviedo e Madrid, dirixidos por mestres de recoñecido prestixio internacionais e compartido carteis co máis de 700 cantantes, algúns deles grandes figuras mundiais.
No terreo da "Zarzuela" destaca por ser un dos principais coros galegos que presta máis atención o "Xénero Chico" producindo un número importante de elas e participando en outras en calidade de invitado.
Asimismo, cultiva con gran intensidade música profana e relixiosa. Nos últimos anos rescatáronse dos arquivos da Coral Polifónica o "Eco" máis de 290 títulos esquecidos que foron incorporados o repertorio habitual.
Son moitas as invitacións que recibiron para actuar nos últimos anos nos que destacan: Festivais como o de Faro e Oporto, Festival Interceltico de Lorient (Francia), Festival de Habaneras (Torrevieja), Festival da Canción Mariñeira (San Vicente de la Barquera), XVI Certamen da Canción Vila de Aviles, I Certamen Nacional de Corais "Antonio José" en Burgos, e numerosos concertos patrocinados pólo Xacobeo 99, na que interpretaron a canción "Luna" de Jose María Cano e a estrea da canción "Torres de Compostela", conxuntamente coa Orquestra Sinfónica do Conservatorio de Valencia, o Eco e o cantante Francisco, gravado e retrasmitido pola TVG, para Galicia e o resto do mundo.
SUSANA DE LORENZO. SOPRANO.
Licenciada en Filoloxía Clásica pola Universidade de Santiago.
Cun ambiente familiar artístico cultiva, dende temprana idade, varios xéneros musicais, interpretación, ballet contemporáneo... recibindo numerosos premios e participando en diversas gravacións.
Recibe clases de canto lírico co barítono Fernando Balboa. Forma parte do Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia dirixido por James Ross sendo elixida como Soprano Primeira para a Fantasía de Beethoven e, posteriormente, para A Creación de Haydn. Con este mesmo director interpreta o Te Deum de Charpentier.
Acompañada polo pianista Rupert Twine da diversos recitais con repertorio clásico e contemporáneo.
Con motivo do centenario do nacemento de Gershwin ofrece un programa monotemático no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña.
Grava as Cancións Cherokees, fermosamente harmonizadas polo compositor Curt Cacciopo.
Con James Ross interpreta a Teodora de Haendel. Juan C. Peña, contrabaixista da Orquestra Sinfónica de Galicia, chámaa para o Requiem de Fauré.
Coa Orquestra Sinfónica de Melide, baixo a batuta de Fernando Vázquez Arias, no espectáculo Música e Cine, canta a Bernstein, A. Lloyd Webber, Morricone... o mesmo director conta con ela para Catro Décadas de Musical.
Interpreta o Magnificat de Bach con Melanie Crompton e a Orquestra de Cámara Galega no Teatro García Barbón de Vigo. Repetirá a mesma obra con David Ethéve.
En Coruña e Ourense realiza un Concerto Sacro que inclúe autores como Pergolesi, Charpentier, Bach, Vivaldi, Mendelssohn...
Con Maximino Zumalave e a Escola de Altos Estudios Musicais interpreta Saúl de Haendel. Canta a Mozart e Puccini no III Curso de Canto Lírico e Interpretación baixo a dirección de F. Balboa e Lino Braxe. Acompañada polo saxofonista Ricardo Casas Salgado e o pianista Rupert Twine fai unha selección dos máis recoñecidos musicais.
Co cuarteto de corda Mondello Quartet da varios concertos por distintos puntos de Galicia con repertorio que inclúe obras de Purcell, Haendel, Mozart, Dvorak...
Participa na inauguración da exposición da obra de Isaac Díaz Pardo. Da un concerto con romanzas de Barbieri, Guerrero, Chapí... no novo Auditorio de Vilagarcía.
Actúa como solista no primeiro musical galego Gallaecia con la Orquestra Sinfónica de Melide, dirixida por Fernando V. Arias, no Auditorio de Galicia, o Teatro Jofre de Ferrol e o Teatro Colón de A Coruña.
Colaborou na curta reiteradamente premiada Bata por fora, muller por dentro de C. Brenlla. Actúa como solista en Le petite messe solennelle de Rossini, dirixida por David Ethéve e o coro Madrigalia.
Canta a Beethoven no concerto que Sardelli da coa Real Filharmonía de Galicia no IV Festival de Música de Compostela, Via Stellae.
Es solista na Compañía Lírica de Galicia, dirixida por Fernando Balboa, coa que da numerosos recitais. Recentemente foi acompañada polo Trío Cavatina.
A prestixiosa mezzosoprano Delores Ziegler nunha clase maxistral díxolle "Non teño nada que corrixirte, tes unha fermosísima voz e todo para triunfar".
MIGUEL RIVAS. BARÍTONO.
Nace en Lugo no seno dunha familia de músicos e cantantes. Realiza o seu debut á idade de 8 anos cantando o papel infantil no musical costumbrista "Galicia canta ó neno" co que durante dúas temporadas percorre toda a xeografía galega.
Realiza os seus estudos de canto no conservatorio profesional de Lugo coas máximas calificacións.
Paralelamente estuda violín, piano e guitarra, ademais de varios idiomas na escola oficial de idiomas de Lugo, obradoiros de música experimental, cursos de foniatría, de técnica vocal, música tradicional galega, arte escénica, linguaxe corporal e outros.
Actualmente desenvolve e perfecciona a súa técnica vocal co barítono Fernando Balboa.
Ofrece habitualmente concertos e recitais de opera e zarzuela tanto en solitario como coa Asociación Lírica de Galicia, da que es barítono principal, así como de lied e oratorio en diferentes escenarios de España e Portugal.
Interpretou os principais roles das obras Orfeo e Euridice de Gluck, L´elissir d´Amore, Traviata, Luisa Fernanda, La Tabernera del Puerto, Bodas de Figaro, Don Giovanni, entre outros, en diferentes montaxes, tanto concertísticos ou galas de ópera, como postas en escena completas.
O seu repertorio abarca a práctica totalidade das partituras para barítono en todos os estilos de canto culto, tendo recibido especiais eloxios polas súas interpretacións verdianas e veristas.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER