O vindeiro venres día 12 de marzo ás 20:30 horas no Edificio de Servicios Múltiples do Burgo, terá lugar a primeira das funcións teatrais que forman parte do programa dos Encontros Culturais de Primavera .Letras Galegas 2010 que organiza a Concellería de Cultura e que comezará co Certame de Teatro Afeccionado coa representación da obra "ROUPA A CLAREO" a cargo do GRUPO DE TEATRO DA ASOCIACIÓN DE MULLERES DE MOAÑA. Está representación servirá para conmemorar pola Concellería de Cultura o Día Internacional da Muller Traballadora.
A concellería de Cultura do concello de Culleredo reflicte sempre nas súas programacións a súa paixón polo teatro, adicado neste semestre a Adolfo Marsillach e que se sitúa a altura das mellores programacións teatrais de Galicia, xa que polo escenario do Edificio de Servizos Múltiples pasarán dende Teatro do Atlántico, espello Cóncavo, as actuacións estelares dos grandes do humor como Carlos Blanco e Rober Bodegas e a estrea para Galicia de "Sempre quixen bailar un tango" de Teatro Galileo. Doce representacións do mellor teatro galego que inclúen varias de teatro afeccionado, a da nosa escola Municipal de Teatro, ás que temos que sumar a III Primavera Máxica adicada aos máis pequenos, certificando o interese e apoio constante deste Concello á maxia .
Son xa máis de 20 anos de programación teatral estable no Concello de Culleredo. Ao longo deste tempo foron numerosos os esforzos dedicados a poder conseguir consolidar unha oferta teatral regular. Pero a constancia e a perseveranza dan os seus froitos e hoxe Culleredo é un referente neste ámbito artístico: son case unha trintena as representacións teatrais que, entre as tempadas de primavera e outono, se ofrecen ao cada día máis numeroso público.
O vindeiro venres día 12 de marzo contaremos dentro do Certame de Teatro Afeccionado coa actuación do GRUPO DE TEATRO DA ASOCIACIÓN DE MULLERES DE MOAÑA que poñerán en escena a obra "ROUPA AO CLAREO" de Alfredo Zaldúa adaptada e dirixida por Pedro Pablo Riobó.
O elenco artístico está integrado por Enma Fervenza, Isabel Rodríguez, Marisa Rivera, Dora Sequeiros, Mari Carmen Alonso, Mari Carmen Rodríguez e Lola Álvarez
Sinopse: A obra transcorre na casa dunha familia formada por unha parella, a sogra que é unha muller moi moderna e unha criada de condición social baixa que aspira a progresar relacionándose con outra familia composta por outra parella e a súa filla, aparentemente máis adiñeirada e socialmente ben colocada. Pero, na realidade a segunda familia está económicamente arruinada e aspira a poder sacarlle algo en limpo aos donos da casa, aínda que sexa a comida dun día.
Deste a súa formación en 1.994, o GRUPO DE TEATRO DA ASOCIACION DE MULLERES DE MOAÑA xuntou a un compacto conxunto de mulleres que baixo a dirección de Pedro P. Riobó levan facendo teatro ininterrumpidamente desde entón. As súas montaxes, todas elas estreadas como remate do Festival das Letras Galegas que organiza a nosa asociación anualmente, en torno ao 17 de Maio, tiveron como denominador común o ton cómico e unha decidida aposta polo drama popular.
O grupo de teatro tamén ten representado obras en distintos certames de Teatro de Galicia, e está inscrito na FEGATEA (Federación Galega de Teatro Afeccionado), e no Plan cultural da Deputación de Pontevedra.
Principais montaxes:
• Farsa das Zocas (1994)
• Pequena Farsa dos amores desencontrados (1995)
• ... para acabar as noites así -monólogo- (1995)
• A tía Lambida (Nadal de 1995)
• menciñeiro á forza (1996)
• Pauto do demo (1997)
• achado do castro (1998)
• Amor e crimes de "Juan El Pantera" (1999)
• A casa de Bernarda Alba(1999)
• A moi lamentable comedia e moi cruel morte de Píramo (2004)
• A boda de Esganarello (2005)
• A Deshora (2006)
• Servizo de Urxencias (2007)
Está recomendada para público adulto e a entrada e de balde.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER