O mércores 17 de marzo no conservatorio profesional de música de Culleredo terá lugar un concerto didáctico homenaxe a Robert Shugarov.
Cada ano os alumnos de Rapsodia ofrecen un concerto homenaxe a Robert Shugarov, profesor do Conservatorio Superior de Armenia (ex república soviética), un mestre da interpretación. Estes concertos son importantes para o avance e o perfeccionamento dos alumnos e o recoñecemento de novos aspectos na interpretación, na producción do son, e comprensión dos estilos e moitos detalles profesionais que aprenderon nas clases maxistrais de Robert Shugarov. Dende o Conservatorio se pretende impulsar o traballo en colaboración con outros axentes, tanto externos coma os referidos a outras áreas do propio Concello, sen perder de vista os valores e obxectivos educativos eixo da actividade do Centro. Neste senso se encadra este Concerto do días 17, no que a Comunidade Educativa do Conservatorio poderá relacionarse con alumnado alleo ó mesmo aproveitándose do elemento enriquecedor que aportan este tipo de experiencias.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER