Éxito educativo e de público no concerto solidario con Haití

CELEBRADO O 26 DE MARZO NO CONSERVATORIO

(Ver video do concerto)


Dende o Conservatorio se pretende impulsar o traballo en colaboración con outros axentes, tanto externos coma os referidos a outras áreas do propio Concello, sen perder de vista os valores e obxectivos educativos eixo da actividade do Centro. Neste sentido, celebrouse o venres 26 de marzo un Concerto Solidario con Haití en colaboración coa Concellaría de Mocidade e Voluntariado, vinculando o propio Concerto con outras actividades promovidas por dita Concellaría, e que se celebrararon como un acto conxunto. Dito acto xirou entorno a tres eixes con un valor educativo fundamental na formación integral das persoas: solidariedade, cooperación e voluntariado. No concerto fíxose unha proxección contínua de imaxes relacionadas co drama de Haití, e varios alumnos/as realixaron intervencións leendo textos escritos por eles mesmos, vinculados aos tres elementos citados con anterioridade.
Segue exposta no Conservatorio unha exposición de imaxes en branco e negro, que pretenden mostrar a realidade da cooperación galega.

O obxectivo desta mostra "República Dominicana: A seguridade fronte aos desastres naturais" é contar en que consiste, que se fai e cal é o curso natural dun proxecto de Cooperación ao Desenvolvemento.
As accións que se poden ver na mostra, correspóndense por un lado a rehabilitación das vías de acceso ao sector Mina Norte en Santo Domingo, de maneira que sexa unha vía de escape segura en caso de evacuación; e por outro, á capacitación que ten como obxecto a mellora da situación socioeconómica das mulleres. Tamén aparecen imaxes de Haití.
Vinculada ó Concerto, e antes do mesmo celebrouse unha Charla Solidaria na biblioteca do Conservatorio sobre prevención dos desastres naturais co obxectivo de sensibilizar a poboación en xeral sobre estes temas.Tivo unha notabel asistencia de público e estivo impartida por membros das asociacións pola cooperación: Intered e a Asemblea de Cooperación Pola Paz coa intervención de Amalia Álvarez Vega, Delegada de Intered Galicia e Francisco Raigón Jiménez, coord. de proxectos da Asamblea de Cooperación pola Paz

 

O video do concerto pode ser visto xa na web www.culleredo.tv 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina