O pasado venres 9 de abril tivo lugar a segunda sesión de musicoterapia no Conservatorio a cargo da profesora Victoria Álvarez, dirixida a persoas con enfermidades mentais e que se leva a cabo en colaboración coa asociación Consaúde e coa supervisión dun psicólogo.
A musicoterapia é o uso da música de forma que facilitando e promovendo a comunicación, as relaciones, o aprendizaxe, o movemento, a expresión, e outros obxectivos terapéuticos relevantes, poidamos satisfacer as necesidades físicas, emocionais, mentais, sociais e cognitivas. Ten a musicoterapia pois como fin desenvolver potenciais e restaurar as funcións do individuo de maneira tal que este poda lograr unha mellor integración intra e interpersoal e consecuentemente unha mellor calidade de vida.
ConSaúde, que se financia grazas ás cuotas dos seus socios e as apartacións de patrocinadores, ten a súa sede no pazo de Villa Melania en Vilaboa onde o Concello de Culleredo ofreceulles unha oficina, aplaudindo o espírito e a liña que está a seguir este colectivo. Esta oficina estará aberta ao público os martes e xoves de 10.00 a 12.00 horas. Tamén pódese contactar a través do correo electrónico asociacionconsaude@hotmail.com.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER