Precisa informe social mediante cita cos Servizos Sociais Municipais ou do Servizo Galego de Saúde.
Teléfonos: O Burgo: 98165450
Vilaboa: 981660079
Centro de Saúde: 981666564 / 981666151.
Documentación a presentar:
-
-
Copia compulsada do DNI/NIE do/a solicitante ou calquera outro documento acreditativo da súa identidade, de conformidade coa normativa vixente e de ser o caso, do DNI/NIE do cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade que dependan económicante do/a solicitante.
-
Cando a persoa solicitante sexa un menor de idade, copia compulsada do libro de familia, que inclúa a folla na que apareza o nome do/a beneficiario/a, no caso de non posuír DNI.
-
Acreditación da persoa representante do solicitante, no seu caso.
-
Certificado de empadroamento emitido polos concellos correspondentes que acrediten a residencia da persoa solicitante en España durante cinco anos, dos cales dous deberán ser inmediatamente anteriores á data de presentación de solicitude. No suposto de residentes que carezan da nacionalidade española deberán presentar certificado emitido polo Ministerio del Interior que acredite o cumprimento dos mesmos períodos.
-
No caso de ser emigrante retornado e non cumprir o requisito do período de residencia, acreditarase esta circunstancia mediante certificado de emigrante retornado expedido pola delegación do Goberno ou mediante a baixa consular.
-
Informe de condicións de saúde emitido por un profesional do Servizo Galego de Saúde (
Ver formulario).
-
Informe social (
Ver formulario) emitido polo/a traballador social dos servizos sociais municipais ou se é o caso do/a traballador/a social do sistema de saúde.
-
Certificado de discapacidade coa puntuación de axuda de terceira persoa (ATP) cando fora emitido por outra Comunidade Autónoma, se é o caso.
-
Resolución de grao e nivel, se é o caso, cando sexa emitido por outra Comunidade Autónoma.
-
Declaración do Imposto da Renda das Persoas Físicas, certificado de toda clase de pensións percibidas pola persoa solicitante ou declaración xurada de non percibilas, xunto coa autorización para a consulta e comprobación dos seus datos económicos conforme ao modelo Anexo I da solicitude, en cuxo caso non estará obrigado a presentar estes documentos.
-
-
Declaración do IRPF, certificado de toda clase de pensións percibidas polo cónxuxe ou parella de feito, ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos ou maiores en situación de discapacidade, económicamente a cargo da persoa solicitante, ou declaración xurada de non percibilas. (A autorización para a consulta e comprobación dos seus datos económicos conforme ao modelo Anexo I da solicitude, exime da obriga de presentar estes documentos), e declaración responsable do seu patrimonio (Anexo IX)
Lugar de presentación
• Servizos Sociais Comunitarios do domicilio da persoa solicitante.
• Departamentos Territoriais. Consellería de Traballo e Benestar.
• Nos lugares dispostos no artigo 38.4 da Lei 30/92 de 26 e novembro.
Prazo de presentación:
Durante todo o ano.