Documentación:
- Impreso de solicitude. (A primeira folla do documento: dúas impresións) (Ver formulario)
- Fotocopia compulsada do DNI ou, no seu defecto, libro de familia ou partida de nacemento. No caso de estranxeiros fotocopia compulsada da tarxeta de residente.
- Se é o caso, fotocopia compulsada do representante legal e do documento acreditativo da representación legal ou garda de feito.
- Fotocopia compulsada dos informes médicos e/ou psicolóxicos actualizados.
- Xustificante de ingresos da unidade familiar.
Beneficios:
Permite o acceso a:
- Emprego en cooperativas e sociedades laborais(tanto pública como privada)
- Fomento da contratación indefinida na empresa ordinaria, integración laboral en centros especiais de emprego e emprego autónomo
- Deducións na declaración da renda
- Reducións do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE)
- Reducións no Imposto sobre Sucesións.
- Deducións no Imposto de Sociedades
- Exención no Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica
- Exención no Imposto de matriculación de vehículos
Lugar de presentación:
- Servizos Sociais Comunitarios do domicilio da persoa solicitante
- Departamentos Territoriais da Consellería de Traballo e Benestar
- Polos medios previstos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Prazo de presentación:
Durante todo o ano.