O vindeiro venres día 28 de maio ás 20:30 horas no Edificio de Servicios Múltiples do Burgo, terá lugar a quinta das funcións teatrais que forman parte do Ciclo de Teatro Profesional "Adolfo Marsillach" incluído no programa dos Encontros Culturais de Primavera. Letras Galegas 2010 que organiza a Concellería de Cultura coa actuación do monologuista "Rober Bodegas" que poñerá en escena a obra "Un Condón Por Se Pillo" escrita e interpretada por Rober Bodegas .
Rober Bodegas foi o gañador do concurso de TVE "El Rey de la Comedia" e ademais é guionista e colaborador do programa que Globomedia produce para La Sexta, "Sé lo que hicistéis..."
Sinopse:
Unha historia con forma de monólogo na que Rober lembra a chegada do seu despertar sexual, e como, gracias á intervención de personaxes tan dispares como Lorena Berdún, John Lennon ou Bruce Lee, conseguiu dar o paso de neno a home . Unha reflexión sobre os traumas adolescentes e inseguridades propias do momento: Cada canto hai que separar a boca nun morreo? Ligaría de ter sido meu o BMW? Cal é o dereito do condón? E por que non traen unha marquiña? Por cada cantos nenos corresponde un columpio nos parques infantís? Alguén viu algunha vez cansarse aos que bailan nas tarimas das discotecas maquineras? E por que cando poñen "as lentas" sempre hai máis tíos que tías? A partir de que copa a seducción se considera emborrachamento? Cantos fallos se permiten nun test de embarazo? A resposta a todas estas preguntas e a moitas outras encontralas en: E un condón por si ligo! Eso si, ao mellor non son as que esperabas.
Rober Bodegas (Carballo, A Coruña), monologuista e contacontos (de maiores...) é o gañador de "El Rey de la Comedia", programa que TVE emitiu en prime-time as noites dos sábados de outubro, novembro e decembro e no que se buscaba ao mellor cómico do país entre máis de 3.000 aspirantes. Antes diso triunfou na súa terra sendo gañador do "Certame de dramatización de monólogos cómicos" do Festival Internacional Outono de Teatro, do certame de comedia da "Bienal da caricatura de Ourense" e finalista doutros concursos. Estudou comedia con Leo Bassi, Jango Edwards e Álex Navarro entre outros e levou os seus espectáculos por todo o país e compartiu escenario con algúns dos mellores contadores e monologuistas como Luis Piedrahita, Javier Veiga, Don Mauro, Quequé ou Flipy e foi colaborador da emisora de radio RadioVoz. Actualmente compaxina as súas actuacións en solitario co espectáculo teatral "Contamos contigo" xunto a Quico Cadaval, Cándido Pazó e Paula Carballeira e tamén colabora no xornal La Voz de Galicia. Ademáis é guionista e colaborador do programa que Globomedia produce para La Sexta, "Sé lo que hicistéis..."
"Pero como isto é unha cousa así un pouco para coleguillas e xente que non se viste de traxe a diario vou deixar de falar en terceira persoa para contarvos cousiñas de min, si Rober Bodegas. Moitos xa sabedes que estudei Arquitectura aínda que quedei no primeiro ciclo e despois tras unha aventuriña como delineante e cursos varios estudei Arquitectura de Interiores, que é como ser Deseñador de Interiores pero con máis pompa, vamos que cho din e sentes que tes que tratar de vostede a esa persoa. O mesmo dirán os decoradores (vedes que aquí xa nin sequera poño maiúsculas) dos Deseñadores de Interiores. En fin, cousas da burguesía académica, no fondo todos facemos o mesmo... Ademáis diso, perdo o tempo coa música, popipopipop laralalá... Fun Dj e aínda o son moi de vez en cando para matar o "gusanillo", buscádeme detrás do nome de Dj Petardísima que é o estilo ao que lle estou dando, porque cada vez é máis difícil estar ao día nisto do musiqueo independente e como pinches algo que fai unha semana que deixou de ser cool deseguido mírante reollo os das gafiñas de pasta. E por se isto non fora pouco, compro discos orixinais. Xa podedes chamarme pringado. Para cumprir e non ser menos que ninguén, engadirei que leo un lote, que me gusta o cine, o teatro, a pintura, a moda e todo o que estades pensando menos o tunning. Tampouco son moi futboleiro. Cando me tocou elixir unha afición por "F" elixín ser friki e aquí é onde saco de verdade boa nota. Do demais, sei o xusto para non facer o ridículo ao Trivial. Ata aquí a información persoal que me apeteceu darvos. Ao mellor un día amplíoa porque me levanto orgulloso de ler os cómics de Roman Dirge ou a elimino porque me avergonzo dalgunha outra cousa que xamais vos direi." Rober Bodegas
O espectáculo é para adultos e as entradas custan 2,50 € a xeral e 1,25 € a reducida.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER