O vindeiro venres día 4 de xuño celebraremos a Xornada de Clausura das Escolas Culturais no Edificio de Servizos Múltiples do Burgo. Un programa que este ano cumpre vinte e tres anos da súa creación . Un día no que teremos a oportunidade de avaliar o traballo realizado nas diferentes escolas culturais tanto dos escolares como dos adultos que cada ano incrementan a súa participación, contando este ano con máis de 600 alumnos/as.
O programa de actos desta Xornada de Clausura das Escolas Culturais será o seguinte:
• 19:00 h. Xornada de informática de portas abertas para pais e nais.
• 19:30 h. Inauguración da exposición dos alumnos/as das Escolas Culturais Municipais na Aula de Natureza do Xardín Botánico "Ría do Burgo".
• Actuacións das escolas municipais de ballet-danza, ballet clásico, folclore galego (gaita, percusión e danza) e guitarra.
• 21:00 h. Entrega de diplomas e regalos.
As Escolas Municipais cumpren este curso 23 anos de vida da súa fundación converténdose nunha auténtica institución en Culleredo e teñen a función de ser escola de base para a aprendizaxe de diferentes disciplinas artísticas (óleo, debuxo, fotografía dixital, confección industrial, informática, inglés, guitarra, cullerxogo, ecociencia, bailes de salón, ballet clásico, baile galego, gaita, ballet-danza e ioga) . Unha oferta que supón unha aposta clara pola formación e o ocio organizado, así como o complemento básico para a educación dos nosos fillos/as e elemento clave da súa iniciación artística e cultural en Culleredo.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER