Concerto de alumnos de frauta do Conservatorio do Concello de Culleredo

O xoves 3 de xuño ás 20:00 horas, Concerto dos alumnos/as de Frauta no Conservatorio Profesional de Música de Culleredo. 

Este concerto ten como obxectivo principal amplialas cualificacións de defensa en público do traballo, tanto individual como colectivo, e que os educandos defendan as obras estudadas durante o terceiro trimestre nun ambiente real de concerto, que coñezan o protocolo de concerto e superen posibles medos escénicos. Polo tanto dito acto ten un carácter pedagóxico e festivo como peche de trimestre. Celebrarase no Salón de actos do Conservatorio. A entrada será libre.

Xoves 3 de xuño ás 19:00 horas oitava intervención de alumnos/as no ciclo de Concertos Expres no Conservatorio

 Recordamos que ás 19:00 horas paralizarase a actividade lectiva do Centro dun xeito breve, cinco ou dez minutos, de forma que todo o alumnado saia das súas aulas para escoitar unha intervención breve ofrecida polos seus compañeiros dende a zona central do hall, na planta baixa do Conservatorio. A actuación poderá ser seguida dende as varandas e corredores que dan acceso ás aulas e estudios por alumnos e público en xeral.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina