Actividades complementarias del Conservatorio para el jueves día 10

Actividades complementarias do Conservatorio para o Xoves 10

O Conservatorio na TVG

O xoves 10 de xuño acudiremos a San Marcos, Santiago de Compostela cos alumnos de violín de Grao Profesional Paola Becerra, Nicolas Fraga, Andrea Mayor e Ines Bandín para a gravación do programa Eirado na TVG, un programa de producción propia que emitirá a través da súa segunda canle. Trátase dun espazo con contidos culturais dunha hora de duración que se ofrecerá na G2 os sábados en horario de máxima audiencia, a partir das 22.30 horas, presentado por Pemón Bouzas.

Con esta visita á Televisión de Galicia, non só se pretende difundir a actividade do Conservatorio Municipal de Culleredo, senón que sexa un premio e un novo estímulo para os alumnos/as, que coñecerán de primeira man todos os entresixos de como é a  televisión por dentro e o esforzo que conleva gravar uns minutos de música en directo, que nada ten que ver cun concerto en directo.

Concerto de Piano no Conservatorio.

O xoves 10 de xuño ás 20:00 horas terceira e última audición dos alumnos de piano neste trimestre Este pequeno concerto terá un caracter mais lúdico xa que os alumnos de piano interpretarán obras de distintos autores a catro mans. Este repertorio ten unha característica singular debido a coordinación que debe existir entre os participantes. Salón de Actos do Conservatorio.

Entrada libre.

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina