Burgo Jazz

Despois de tres intensos fins de semana de jazz nos concellos do entorno de Culleredo, tócalle este venres a actuación a Culleredo, na aula da natureza do Xardín Botánico "Ria do Burgo" coa actuación ás 20'30 h. de "Xan campos trío", que supón o aperitivo do que será os días 9 ao 16 de xullo a decima edición do "Burgo Jazz".

"O novo pianista de cangas, Xan campos (1987) sorprendeu co seu primeiro disco como líder (ida e volta) ao asinar con só 19 anos, composicións dunha gran madureza.naquela gravación exercía tamén de adaptador dun quinteto orientado cunha dirección moi paticular. Na súa ben asentada personalidade musical asomaban influencias tan dispares como as de Kenny Wheeler ou McCoy Tyner. Como pianista destápase tanto nas baladas máis contemplativas coma nos tempos áxiles nos que se desenvolve con asombrosa naturalidade. Xa pasaron tres anos da ultima gravación e agora preséntase en formación de trío, destacando aínda mais o seu talento."

Disfrutemos pois este venres 25 de xuño ás 20'30h. no Xardín Botánico dunha interesante velada jazzística, cun dos novos grupos emerxentes do jazz galego da man deste interesantísimo ciclo do Jazz Mariñas, organizado polos concellos do Consorcio das Mariñas que dende principios de xuño vense desenvolvendo cunha masiva afluencia de publico, que esta a acudir a esta xira de jazz polos distintos concellos.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina