Curso de Práctica orquestral
Nivel: Grao Profesional ou equivalente.
Do 1 ao 9 de xullo de 10 a 13:30 h.
Traballo individual, secionais e tutti. Concerto ao final do Curso.
Profesores: Antonio Suárez, Marcos Seoane, Joaquín García, Paloma Catalá.
Curso de Práctica orquestral
Nivel: Grao Elemental ou equivalente.
Do 12 ao 16 de xullo de 10 a 12:30 h.
Traballo individual, secionais e tutti
Profesores: Teresa Dieste e Begoña López
Curso de Harmonía Moderna e Improvisación
Nivel: Coñecemientos básicos de harmonía.
Datas: 12 -13, 19-20, 26-27 de xullo de 10 a 12 horas
Principios de harmonía, notas de enlace melódico, substitución tritonal, uso melódico das tensións, etc. e práctica improvisativa.
Profesor: Iván Doval.
Curso de Trompeta
Nivel: graos elemental e profesional ou equivalentes.
Datas: Grao Elemental: 5, 12, 19 e 26 de xullo de 10 a 13:00 horas
Grao Profesional: 6, 13, 20 e 27 de xullo de 10 a 13:00 horas
Mantemento e conservación do instrumento, hábitos posturais, a embocadura, repertorio, novas grafías. Técnica e interpretación. Traballo individual, en conxunto e participación nos cursos de práctica orquestral.
Profesor: Jorge Ferreira
Cursos de Piano
Do 19 ao 23 de xullo de 10:30 a 12:30 horas
Mantemento: graos elemental e profesional ou equivalentes. Se pretende motivar ao alumnado para que sigan traballando durante estes meses estivais ou desexen adiantar traballo de cara ao próximo curso.
Introdución ao piano: alumnado de todas as especialidades agás piano, que promocione a 3º de grao profesional onde comezarán coa nova materia de piano complementario.
Avanzado: pensado principalmente para os alumnos e alumnas dos derradeiros cursos do grao profesional de forma que lles permita adiantar repertorio do vindeiro curso.
Profesores: Miguel Valls, Alís Polo e Manuel Rosende.
Curso de Violoncello
Nivel: graos elemental e profesional ou equivalentes.
Do 19 ao 23 de xullo de 10 a 12 horas.
Nivel: graos elemental e profesional ou equivalentes.
Curso de mantemento para motivar ao alumnado, que sigan traballando durante estes meses estivais ou desexen adiantar traballo de cara ao próximo curso.
Profesor: Joaquín García
Curso de Frauta traveseira
Nivel: graos elemental e profesional ou equivalentes.
Do 26 ao 30 de xullo de 10 a 14 horas.
Curso dirixido cara desenvolver mais amplamente o repertorio da formación coñecida como "Orquestra de Frautas" con tódolos instrumentos que completan dita formación. Respiración, son, técnicas de estudo etc. Concerto ao final do Curso.
Profesora: Paloma Catalá.
Curso de Inglés técnico para o ámbito musical
Nivel: graos elemental e profesional ou equivalentes.
Do 1 ao 9 de xullo de 10 a 12 horas
Se pretende coñecer a linguaxe técnico-musical inglesa e desenvolver a capacidade de comunicación en termos musicais do alumno/a no idioma inglés.
Profesora: Lucía del Puerto.
Curso de Canto
Nivel: graos elemental e profesional ou equivalentes.
Do 26 ao 30 de xullo de 11 a 13 horas.
Se pretende que mediante xogos de iniciación á relaxación e sesións diarias de traballo corporal, entre outras técnicas, se poida producir un achegamento á música vocal a través da práctica en grupo e o estudo de la voz, ademais de fomentar o aproveitamento das capacidades vocais.
Profesora: Victoria Álvarez
Curso de Clarinete
Nivel: graos elemental e profesional ou equivalentes.
Do 26 ao 30 de xullo de 10 a 12 horas.
Nivel: graos elemental e profesional ou equivalentes.Curso de mantemento para motivar ao alumnado, que sigan traballando durante estes meses estivais ou desexen adiantar traballo de cara ao próximo curso.
Profesor: Antonio Suárez
Gratuitos para alumnado do Conservatorio ou empadroados no Concello de Culleredo
Información e inscripción:
Conservatorio Profesional de Música de Culleredo. Rúa Andrés Pan Vieiro, 30 Acea de Ama 15670 - O BURGO - Culleredo Tlf: 981667798 - 981661208 Fax: 981654644 E-mail: conservatorio@culleredo.org
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER