Unha vez rematado o III Festival: JAZZMARIÑAS, que dende o 4 de xuño, que se clausurou en Culleredo o 25 de xullo fixo as ledicias dos amantes do Jazz, e que organizado polos 9 Concellos do Consorcio das Mariñas, acadou un éxito tanto no musical como de público, impulsado por este Concello que considera un grande acerto ó acordo da súa creación, agora chega BURGOJAZZ.
Por décimo ano consecutivo a Concellería de Cultura do Concello de Culleredo, tras o éxito acadado nas edicións anteriores, presenta de novo o X Festival BURGOJAZZ cun programa anovado, onde non repite ningún grupo, que estivera na anterior edición, e que este ano dedicamos ás mellores formacións do JAZZ - GALEGO, e que se celebrará do 9 ao 16 de xullo na Aula da Natureza do Xardín Botánico "Ría do Burgo", salvo os concertos inaugural e de clausura que serán no Edificio Municipal de Servizos Múltiples de O Burgo.
Hai dez anos creábamos o "BURGOJAZZ", o Festival de Jazz de Culleredo, que dun xeito modesto quería contribuir a crear un público de jazz no noso concello, así como animar o movemento jazzístico en xeral, incidindo na aparición de novos grupos e creadores, xa que nese momento non existían suficientes grupos para encher un festival, na provincia.
O jazz está de moda pola aparición de novos grupos e novos creadores ao que non é alleo este Concello que creou, hai dez anos, o burgojazz. que dun xeito modesto ten contribuído a crear novos públicos de Jazz no noso Concello e Comarca, animando o movemento jazzístico, como tamén o fai o recentemente rematado III Mostra Jazz Mariñas, que organizamos os concellos do Consorcio das Mariñas, e que é unha nova aposta na que participamos apoiando ao movemento en auxe do Jazz Galego.
Paralelamente á andaina do Burgojazz, nestes dez anos fóronse descubrindo novos camiños e públicos que ten como resultado a aparición dun novo Jazz Galego que incorpora novos rexistros, tendencias e un importante grupo de novos creadores que permite que poidamos presentar festivais como o Burgojazz con carteis anovados con máis grupos.
No X Burgojazz presentamos algunhas das mellores formacións de Jazz Galego, coñecidos xa no panorama internacional, como a presenza de novo de Abe Rábade presentando o seu último disco Zigurat, ou a pequena orquestra de jazz de Roberto Somoza The Vanguard pechando un cartel de seis días de Festival onde incluímos á vocalista Ángeles Dorrío co seu cuarteto, os exitosos 3Azoteas ou o blues singular de Carlos Childe Troupe.
Non queríamos deixar de facer este ano novas aportacións, de ahí a presenza dos novos Arts&sounds music club e a gozosa presenza dos alumnos do Conservatorio de Música de Culleredo, achegándose ao Jazz.
Un programa de moita calidade que vai dirixido a un público fiel e entendido, creado nestes anos e que animará de seguro a públicos moi diversos neste incomparable marco do Xardín Botánico Ría do Burgo.
O bo momento musical da Comarca coruñesa coa proliferación de conservatorios e escolas de música, orquestras e acontecementos musicais de primeiro orde, animaron e animan á creación de eventos musicais, que como este Festival de Jazz, naceu con moito esforzo pero tamén con moita ilusión e empeño e só necesitan ir consolidando a súa programación e recibindo apoios e achegas das diferentes administracións públicas como no caso deste ano da Xunta de Galicia e da Deputación da Coruña.
A Inauguración Do Festival, E Primeiro Dos Concertos, Celébrase No Edificio Municipal De Servizos Múltiples Do Burgo, Polo Enorme Número De Músicos E Material Técnico, Necesario Na Actuación De, Nada Menos, Que Abe Rábade E O Seu Grupo Que Interpretarán "Zigurat".
Concerto Patrocinado Pola Xunta De Galicia Dentro Do Programa Xacobeo 2010.
Venres 9 de xullo - ás 20:30 horas, no Edificio de Servizos Múltiples, actuará "ABE RÁBADE" (Zigurat)
Por segunda ocasión prácenos presentar a este recoñecido internacionalmente músico galego no burgojazz.
Zigurat é o novo proxecto do pianista compostelán Abe Rábade. Nun formato a trío co contrabaixista de Gasteiz Pablo Martín e o baterista de Lisboa Bruno Pedroso, o álbum grávase en Gaia (Portugal) a finais de decembro de 2009.
O traballo edítase en marzo de 2010 pola discográfica madrileña con distribución internacional Karonte ao tempo que se licenciará na compañía xaponesa King Records.
Zigurat recolle 6 orixinais de Abe Rábade (Prana, Sinestesia, Xiket, Tránsito nº2, 7 contra 5 e Zigurat) así como a composición de Federico Mompou Chanson nº6.
O trío Abe Rábade é unha formación estable desde o ano da súa aparición en Boston (EEUU) no ano 1996, aínda que actúa con outras formacións.
Luns 12 de xullo - ás 20:30 horas, no Xardín Botánico "Ría do Burgo" o Festival BURGOJAZZ, actuará o "SEXTETO DE SAXOFÓNS DO Conservatorio de Culleredo" e "ART & SOUNDS MUSIC CLUB"
O Sexteto de Saxofóns está composto polos alumnos do Conservatorio de Música de Culleredo, e interpretarán obras do repertorio clásico con reminiscencias do jazz de autores como Piazzola ou Iturralde Art&sounds music club.
ART&SOUNDS MUSIC CLUB é un grupo aberto de música orixinal experimental, swing, fusión, étnica electrónica composto por Miguel Melero, Alfonso Lamas e Nito Martínez como núcleo permanente e aberto a colaboracións de outros músicos. O repertorio baséase en composicións e arranxos orixinais de Miguel Melero e Alfonso Lamas.
Martes 13 de xullo ás 20:30 horas, no Xardín Botánico "Ría do Burgo" o Festival BURGOJAZZ, actuará o grupo "3AZOTEAS"
Integrado por Pablo Pérez (baixo eléctrico), Iago Mouriño (piano e teclados) e Miguel Queixas (batería), 3azoteas ten como única pretensión darlle cabida ás inquietudes musicais dos seus integrantes, tomando o jazz como punto de partida, pero desde unha perspectiva aberta, sen prexuízos nin imposicións estilísticas ou compositivas. O seu jazz bebe, no referente á súa estrutura, harmonía e intención de rock e o jazz progresivos aínda que sen mostrar unha líña completamente homoxénea.
O trío participou en importantes festivais: Imaxínasons 2008, XXXVI Certame audiovisual Casino Liceo de Vilagarcía, Iberojazz 2009, Arteria Noroeste Jazz Festival, Pontevedra Campus Jazz 09 e Jazz Mariñas.
Actualmente atópase en proceso de produción do seu primeiro traballo discográfico.
Mércores 14 de xullo ás 20:30 horas, no Xardín Botánico "Ría do Burgo", o Festival BURGOJAZZ ofrece a actuación de: "ÁNGELES DORRÍO CUARTETO"
O cuarteto de Ángeles Dorrío (voz) presentouse ao público durante a edición de 2009 do festival Iberojazz.
No seu camiño conxuga ás súas propias creacións -que profundan tanto no soul como no jazz- con versións persoais de temas bandeira de estilos actuais como o unjazz ou o neo-soul. Completan o grupo Sergio Delgado (piano e teclados); Octavio Vargas.
Xoves 15 de xullo ás 20:30 h. no Xardín Botánico "Ría do Burgo" sube ó noso escenario jazzístico "CARLOS CHILDE TROUPE"
Tras presentar o seu primeiro traballo, "Cooking Melodies", estrea discográfica de CARLOS CHILDE TROUPE, chegan ao burgojazz cunha proposta de blues e swing enraizado do son de Nova Orleáns.
Influenciado polo blues tradicional e o swing Carlos Childe ven de percorrer pequenas salas e pubs realizando nun principio directos acústicos en solitario e máis tarde, dende o ano 1998, coa Carlos Childe Troupe, formación pola que teñen pasado diferentes músicos da escena coruñesa.
A actual formación de Carlos Childe Troupe non ten fisuras,músicos con experiencia no directo e capacidade de comunicación que souberon dar forma ás cancións de Childe, cun directo contundente salpicado de standards do swing e o blues que lonxe da frivolidade pretende divertir.
Acompañan a Carlos Childe (voz, guitarras e harmónica) músicos de recoñecido prestixio na escena jazzística coruñesa e galega como son:
Luís Tinaquero (guitarras, banjos, dobros e mandolinas). Juan Tinaquero (contrabaixo), Santi Roma (batería e táboa de lavar), Víctor Sánchez (saxos e clarinete).
Venres 16 de xullo ás 20:30 h. no Edificio Municipal de Servizos Múltiples de O Burgo, ocupan o escenario ROBERTO SOMOZA OCTETO - "THE VANGUARD"
The Vanguard é a cuarta gravación de Roberto Somoza como líder. É a terceira actuación no burgojazz con outras formacións. Fiel aos cambios na súa discografía (tanto de formación, como de estilo), nesta ocasión reúne un octeto para render o seu particular tributo ao saxo alto e aos grandes mestres deste instrumento. Unha sección de cinco ventos e trío de ritmo dan forma a un proxecto que se presentará no festival burgojazz e que será unha boa oportunidade para comprobar o traballo de Somoza como compositor e arreglista para pequena orquestra moderna de jazz. Completan a formación Hansel Luis Díez (trompeta e fliscorno), Jose Sandra (trompeta e fliscorno), Edward Machado (trombón), Jacobo de Miguel Bueres (piano), Kin García (contrabaixo), Fernando Llorca (batería) e Pedro Lamas (saxo barítono)
Para máis información ver os arquivos que se achegan.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
BurgoJAZZ'10 - Cartel.pdf | 106.75 KB | |
BurgoJAZZ'10 - Tríptico.pdf | 158.45 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER