Mañá Inaugurase O Primeiro Dos Concertos, Que Se Celebrará No Edificio Municipal De Servizos Múltiples Do Burgo, Polo Enorme Número De Músicos E Material Técnico, Necesario Na Actuación De, Nada Menos, Que Abe Rábade E O Seu Grupo Que Interpretarán "Zigurat".
Concerto Patrocinado Pola Xunta De Galicia Dentro Do Programa Xacobeo 2010.
Venres 9 de xullo - ás 20:30 horas, no Edificio de Servizos Múltiples, actuará "ABE RÁBADE" (Zigurat)
Por segunda ocasión prácenos presentar a este recoñecido internacionalmente músico galego no burgojazz.
Zigurat é o novo proxecto do pianista compostelán Abe Rábade. Nun formato a trío co contrabaixista de Gasteiz Pablo Martín e o baterista de Lisboa Bruno Pedroso, o álbum grávase en Gaia (Portugal) a finais de decembro de 2009.
O traballo edítase en marzo de 2010 pola discográfica madrileña con distribución internacional Karonte ao tempo que se licenciará na compañía xaponesa King Records.
Zigurat recolle 6 orixinais de Abe Rábade (Prana, Sinestesia, Xiket, Tránsito nº2, 7 contra 5 e Zigurat) así como a composición de Federico Mompou Chanson nº6.
O trío Abe Rábade é unha formación estable desde o ano da súa aparición en Boston (EEUU) no ano 1996, aínda que actúa con outras formacións.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER