Inauguración da Exposición A Galicia Medieval de Alfredo Erias

Como Tiñamos Prometido a Concellería de Cultura do Concello de Culleredo Organiza para conmemorar o Xacobeo 2010, diversas actividades coa axuda de algunhas institucións ou ben actividades propias. Polo mes de abril organizamos a primeira consistente en percorrer o tramo culleredense do Camiño Inglés, aínda nos queda no outono facelo Camiño Inglés dende Culleredo a Santiago. Nestes días celebramos un concerto patrocinado pola Xunta Do Programa "Via Stelae", o día 7 de xullo, actuación do "Dúo de Violins" de Anna Alexandrova e Michal Ryczel. Proximamente anunciaremos unha nova aportación do Xacobeo en forma dun importante Grupo Inglés de Musica Reggae, para o "Fundatión Reggae Festival" a celebrar en setembro.

E xa podemos anunciar dúas importantes exposicións de produción propia para os vindeiros meses, a de "Vudu, Camiño Negro De Santiago" do fotografo Luis López Gabú para o mes de setembro, froito dos seus continuos viaxes a Haití, e o seu coñecemento do Vudu e a Adoración nesta Illa de Santiago Apóstolo. Nun traballo aplaudido pola crítica nacional e internacional.

E por suposto a exposición que agora anunciamos. A do querido e admirado Historiador, Arquiveiro, Museólogo, escritor e por suposto debuxante e pintor, Alfredo Erias, arquiveiro e responsable do Museo e Arquivo de Betanzos. Que nos presenta, con motivo deste Xacobeo 2010, nun exposición en exclusividade "A Galicia Medieval de Alfredo Erias". Dende un profundo coñecemento Histórico e Dominio do Debuxo Arqueoloxico, Alfredo, leva caseque sete anos adicado a darlle vida Pictórica dun xeito vangardista e actual, aos personaxes do Medievo Galego expostos en numerosas xoias do románico en toda a Galaecia, supoñendo a mellor e única visión dos nosos Antepasados, cun mostrario que vai dende a Nobreza ao Pobo. Dende os xograres e pícaros aos señores feudais e militares, dende burgueses emerxentes a eternos eclesiásticos. Unha obra para disfrutar, soñar recrear, aprender, desta viaxe pola Galicia Medieval.
Para máis información ver o arquivo que se achega.

Vista previaAdxuntoTamaño
Exposición Alfredo Erias139.75 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina