O sábado día 24 de xullo, a partir das 19:30 horas, na Praza de Galicia do Burgo, celebrarase o "XV FESTIVAL FOLCLÓRICO"organizado pola AGRUPACIÓN ANCORADOIRA que, con este evento celebra tamén o seu XX ANIVERSARIO.
Nesta ocasión contarase coa presenza dos seguintes grupos:
Escolas municipais de Baile Galego (Concello de Culleredo).
Formada por 50 rapaces e rapazas de entre 3 e 14 anos. Esta escola, é a nova canteira da Agrupación Ancoradoira. Está dividida en grupos con moito talento, a pesar da súa corta idade.
Grupo de Danzas "Jorge Manrique" (Palencia). O Grupo de Danzas "Jorge Manrique" naceu no ano 1979 coa intención de investigar, rescatar e divulgar as diferentes formas de danza e os ritmos característicos palentinos e levalos a escena. O se traballo foi levado por moitas das provincias españolas e actuaron tamén en Italia, Austria, Francia, Portugal, Alemaña, Bélxica, Xordania etc.
Agrupación Folclórica Queiroga (Paiosaco). Esta asociación do concello de Laracha, naceu fai 15 anos como asociación de nais e pais dun colexio.Traballa para recuperar tradicións e músicas e bailes da comarca na que está enclavada. Ten realizado diversas actuacións pola xeografía galega e nacional.Gañaron varios premios en diversos concursos e as cantareiras do grupo son moi recoñecidas a nivel de toda a xeografía galega.
E o grupo anfitrión, Agrupación folclórica Ancoradoira (Culleredo), porá o broche final. Esta agrupación busca recoller, manter, espallar e fomentar a riqueza folclórica e cultural de Galicia. Nos seus 20 anos de existencia, teñen realizando un gran número de actuacións por toda a xeografía peninsular, e en Irlanda, Reino Unido, Portugal, Moscú ou San Petersburgo, entre outros.
Para máis información ver o arquivo que se achega.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
CARTEL ANCORADOIRA. | 818.41 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER