Noites de Cine

Verán de CineSemana de Cine na Rúa

A Concellería de Cultura do Concello de Culleredo reinicia a súa actividade organizando para os vindeiros 6 - 7 - 8 - 9 de setembro unha "Semana de Cine de Verán na Rúa" que con proxección en pantalla grande percorrerá as prazas públicas do Concello, para facer sobre todo a ledicias dos mais novos, como despedida do verán, antes do comezo do Curso Escolar.

Catro serán as películas, notable éxito como son "MI MONSTRUO Y YO", "VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA", "CREPÚSCULO" y "007:QUANTUM OF SOLACE".

"MI MONSTRUO Y YO" (T.P.)

6 de setembro ás 22:00 horas na Praza de Galicia (O Burgo)
Alternativa: Edificio de Servizos Múltiples.

Sinopse: Baseada na novela de Dick King-Smith.
"Mi monstruo y yo" é a historia de Angus MacMorrow (Alex Etel), un mozo escocés que anhela o regreso do seu pai da guerra. A historia comeza cando Angus leva a casa un misterioso obxecto encantado que atopa na praia. Pronto se dá conta de que se trata dun ovo máxico, e vese a si mesmo criando a unha criatura sorprendente: o mítico "monstro do lago" das lendas escocesas. En compañía do seu novo amigo, a quen chama Crusoe, Angus emprende unha viaxe de descubrimentos, debendo protexer un segredo que dará vida a unha lenda.
Ano: 2008
Xénero: Acción
Duración: 116 Minutos
Tódolos públicos

"VIAJE AL CENTRO DE LA TIERRA" (T.P.)

7 de setembro ás 22:00 horas na Paseo Tierno Galván (O Burgo)
Alternativa: Edificio de Servizos Múltiples.

Sinopse: Baseada na novela de Xullo Verne.
Dirixida por Eric Brevig, responsable de efectos especiais curtido en superproducións como "El día de mañana", esta adaptación da soada novela de Xullo Verne é un continuo de escenas de acción que parecen concibidas ex profeso para unha proxección de cine de verán. Brendan Fraser encarna a un arqueólogo moi similar ao de "La momia", que segue os pasos dun irmán desaparecido nas entrañas da Terra tras investigar a obra de Verne desde un prisma científico.
Ano: 2008
Xénero: Aventuras
Duración: 93 Minutos
Tódolos públicos

"CREPÚSCULO" (N.R.M. 13 anos)

8 de setembro ás 22:00 horas na Praza Castelao (Fonteculler)
Alternativa: Edificio de Servizos Múltiples.

Sinopse:
Baseada na novela de Stephanie Meyer.
Versión para a pantalla do best seller xuvenil, no que Kristen Stewart interpreta á post adolescente que queda prendada dun mozo paliducho (Robert Pattinson). O descubrimento de que este e toda a súa familia son vampiros, non será un obstáculo para o amor. Os que si porán pegas son os chamados nómades, unha banda de chupasangues para os que non existen os bos sentimentos.
Ano: 2008
Xénero: Fantástico
Duración: 123 Minutos
No recomendada menores 13 anos.


"007: QUANTUM OF SOLACE"

9 de setembro ás 22:00 horas na Praza de Galicia (O Burgo) Alternativa: Edificio de Servizos Múltiples.

Sinopse:
Baseada na novela de Ian Fleming.
Esta película é a continuación de "Casino Royale", xa exhibida por Noite de Cine no verán de 2007. O título da película está tomado dunha das historias curtas do libro de Ian Fleming "Sólo para tus ojos", e a súa acción comeza poucas horas despois do desenlace da súa anterior aventura, na que James Bond perdera á súa amada Vesper Lynd. Tras interrogar a Mr. White, 007 seguirá o rastro a un inquietante home de negocios interpretado polo moi prestixioso Mathieu Amalric. Polo camiño atoparase á moi bela Olga Kurylenko.

Ano: 2008
Xénero: Acción
Duración: 108 Minutos
No recomendada menores 13 anos.

Para máis información ve o arquivo que se achega.

Vista previaAdxuntoTamaño
VERÁN DE CINE 2010 164.52 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina