O Goberno Municipal de Culleredo, baixo a presidencia do alcalde Julio Sacristán, decidía en 1986 crear as Escolas Municipais de Cultura e Deportes como complemento básico para a educación dos nosos fillos e elemento clave da formación e ocio dos adultos.
Son, polo tanto, vinte e catro anos de actividades, dunha institución e instrumento fundamental de ocio, cultura e deporte en Culleredo, que nos diferencia fundamentalmente con outros Concellos, nos que non existen.
Un novo curso, de outubro a maio, cunha oferta renovada, ampla, variada e descentralizada, a un custo económico que o pon ó alcance de toda a cidadanía.
Serán máis de corenta especialidades en distintos lugares e horarios, que permiten que ningún veciño/a, sen distinción de sexo, idade ou condición, queden sen practicar algunha das actividades que propoñemos, cunha oferta de equipamentos cada día mellor e adaptada ás necesidades de cada curso, cunha estrutura organizativa mellorada, tras a contratación dunha empresa especializada.
Unha oferta que supón unha aposta clara pola formación e o ocio organizado, no que temos a esperanza de contar coa vosa participación un ano máis, e que agradecemos polo que supón de confianza neste proxecto, solicitando que ante calquera problema ou demanda que poida xurdir, vos dirixades sen ningún problema a nós.
Para mais informacion ver o arquivo que se achega.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
Impreso Escolas Municipais. | 283.93 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER