Listaxe definitiva de persoas admitidas e de agarda das escolas infantís de Culleredo para o curso 2010-2011

Resolución da xerencia do consorcio galego de servizos de igualdade e benestar pola que se fai pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e de agarda das escolas infantís de Culleredo para o curso 2010-2011.

A Comisión de Baremación Intercentros das Escolas Infantís de: A Tartaruga, O Burgo e Fonte da Balsa, do Concello de Culleredo na súa sesión de 30.09.2010 efectuou a proposta inicial de selección das persoas usuarias de ditos centros para o curso 2010-2011

A Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar ten a competencia para ditar a resolución que da publicidade á dita listaxe, de conformidade co previsto no artigo 18 do Regulamento de Réxime Interior das Escolas Infantís integradas na Rede de Escolas Infantís de Galicia, xestionadas polo Consorcio.

En atención ao exposto,

RESOLVO

1. Facer pública a listaxe definitiva de persoas admitidas e de agarda das tres escolas para o curso escolar 2010-2011, por tramos de idade e orde de puntuación, segundo o anexo I desta resolución.

2. Establecer a apertura do prazo de matrícula do 4 ao 8 de outubro ambos os dous incluídos. A matrícula pode formalizarse nas escolas en horario de 9:00 a 14:00 h. De non formalizarse a matrícula nas datas sinaladas enténdese que renuncia á praza.

 

Vista previaAdxuntoTamaño
LISTA AGARDA SETEMBRO 2.doc 428 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina