O día 17 de outubro vai ter lugar no Parque da Torre de Celas a XIGAEMPANADA. Este evento está organizado polo Consorcio das Mariñas, dentro do Plan de dinamización do produto turístico da área metropolitana da Coruña e conta coa colaboración da Concellería de Promoción Econômica de Culleredo.
O obxectivo é reunir un grupo numeroso de persoas para realizar unha foto Xigapan que sexa a portada da páxina web de promoción turística da zona das Mariñas.
Haberá degustación de empanada e música en directo.
O acto empezará ás 11:30h e rematará ás 16:00h
Haberáademáis, un servizo gratuito de autobuses coas seguintes rutas (saída ás 11:15h e regreso ás 16:00h):
- Ruta 1: Fonteculler, O Burgo, Alvedro, O Casal, Sueiro e Vinxeira pequena.
- Ruta 2: Corveira, Vilaboa (Confitería, Caixa Galicia, Centro), Hermida (O Bosque), Loro, Tarrío e Ledoño
- Ruta 3: Corveira, Vilaboa (Confitería, Caixa Galicia, Centro), Alvedro, Liñares e Ledoño
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER