Cando estamos a cumprir 25 anos da concesión do titulo de fillo adoptivo de Culleredo A Miguel González Garcés, sendo xa Alcalde Julio Sacristan e Concelleiro Celestino Poza, pareceunos pertinente lembrar a súa figura e obra, e que mellor ocasión que a presentación do libro "Miguel González Garcés, "Mineiro de luz" De Xulio Lopez Valcarcel, un dos autores que mais e mellor teñen traballado na súa obra, e que nos presenta agora este libro publicado por Edicións Laiovento, dirixida por Francisco Pillado quen estará na presentación, xunto co autor, Xulio e a filla de Garcés, Laura.
O acto previsto para o mércores 27 De Outubro ás 20h. na biblioteca da poesía "Uxío Novoneyra" de Vilamelania Vilaboa, enmarcase dentro do Programa "III Outono das Letras" que organiza a Concellería De Cultura.
Para máis información ver o arquivo que se achega.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
DIPTICO XULIO LÓPEZ VALCÁRCEL 2010.pdf | 99.17 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER