Manuel Varela Bello
Nace en A Coruña. Aos oito anos comeza os seus estudos musicais no Conservatorio Profesional de Música de A Coruña, onde realiza os seus estudos pianísticos concluíndo o Grao Profesional con José A. Palleiro. Posteriormente ingresa no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, onde cursa estudos con Pablo Ferreño, Rosa María García, Gabriel López e Javier Ares, aínda que sempre baixo a supervisión de Anna Poghosyan, con quen estuda na actualidade.
Ao mesmo tempo, realiza numerosos cursos de técnica e interpretación pianística, destacando os impartidos por Doménico Codispoti, Andrej Pikul, Robert Shugarov, Levon Hovsepian, Jose Ramón Méndez-Menéndez ou Sergei Yerokin, entre outros. Ademais realiza cursos de especialización en música de cámara cos profesores Luís Rego e Ada Hakopian.
As súas actividades como concertista abranguen diversos puntos da xeografía galega, destacando os recitais ofrecidos no Conservatorio Profesional de Culleredo, no Círculo de Artesáns na Coruña, teatro Pastor Díaz de Viveiro, Escola de Música Profesional Fingoi de Lugo e no Real Sporting Club Casino de Coruña.
Actualmente está a espera de realizar o seu recital Fin de Carreira no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, co que obterá a Licenciatura Superior na especialidade de piano.
Programa:
1ª Parte
Preludio e Fuga en Sib menor nº22 J.S.Bach
(El Clave bien temperado I)
Sonata nº 15 op.28 en ReM "Pastoral" L.V.Beethoven
-Allegro
-Andante
-Scherzo e Trío: Allegro Vivace
-Rondó: Allegro non troppo
2ª Parte
Rapsodia Húngara nº 15 en Lam F. Liszt
Preludios nº4 en ReM e nº5 en Solm S. Rachmaninov
Estudo Tableaux nº5 op.33 en Rem S. Rachmaninov
Estudo nº12 op.8 en Re#m A. Scryabin
O recital terá carácter didáctico
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER