O vindeiro venres día 12 de novembro terá lugar a segunda das funcións programadas dentro da programación de teatro "Roberto Vidal Bolaño" dedicado ás compañías profesionais incluída dentro dos Encontros Culturais do Outono da concellería de cultura de Culleredo coa estrea absoluta para toda Galicia ás 20:30 horas no Edificio de Servicios Múltiples de O Burgo do espectáculo " ROSA DE DOUS AROMAS " orixinal de Emilio Carballido, dirixida por Lino Braxe e interpretada por ISABEL BLANCO e SABELA HERMIDA.
SINOPSE:
Dúas mulleres reunidas na sala de espera dun cárcere. Esta é a escena que dá comezo a "Rosa de dous aromas", que, baixo a dirección de Lino Braxe, recrea a historia de dúas estrañas que comezan a relacionarse cando descobren que visitan ao mesmo home.
Unha delas é a esposa. A outra a amante. Ambas as dúas teñen fillos do ausente que se encontra recluído por motivos pouco decorosos e toman unha decisión cuestionable da que non quedan claros todos os seus fundamentos: reunir o diñeiro para sacalo da cela.
A pesar do engano e da vida paralela que descobren, Marlén e Gabriela conservan algo que impúlsaas a buscar o xeito de liberar ao seu traizoeiro amor, descubrindo no camiño que a amizade que comeza a unilas tórnalle cada vez máis importante, e permitirá o espectador adentrarse no complexo mundo dos sentimentos das mulleres.
"Rosa de dous aromas" é unha das obras máis coñecidas do escritor mexicano Emilio Carballido, morto no ano 2008, despois de 82 anos de vida e unha extensa produción literaria.
Esta obra trata de dúas mulleres, e os conflitos que xorden entre elas no interior dun cárcere.
"Rosa de dous aromas" retrata a realidade do amor mal entendido, a necesidade e a obsesión que ás veces os seres humanos exhiben cando se senten namorados. Pon de manifesto que aínda que a cordura e a razón ditaminen que abandonar a ese home é o que se debe facer, moitas veces o camiño escollido é outro. Os xustificativos abundan: os nenos, o medo a soidade, a dependencia económica. Mil e unhas escusas para non facer o que se debe facer. Esta é a ruta que transitan Marlén e Gabriela, as nosas protagonistas, aínda que o final dará a coñecer a verdadeira intención do destino que uniu a estas mulleres.
Teatro en feminino, cun reparto artístico e técnico de luxo, que permitirá ao espectador adentrarse no complexo mundo dos sentimentos das mulleres.
AS ACTRICES:
ISABEL BLANCO
A súa carreira comezou a mediados da década do 1990 na TVG. Foi presentadora do programa da TVG A repanocha, pero a fama chegoulle co papel de maría Aires na serie Mareas Vivas, da que foi protagonista con Luís Tosar e da que rodou máis de 150 capítulos entre 1998 e 2003.
Máis tarde participou noutras producións para TVG como Rías baixas ou Avenida de de América, ademais doutras de ámbito estatal, como Manolo&Benito Corporeision, que foron emitidas por Antena 3.
En cine destacan os seus traballos en Autopista (2002) de Milagres Bará, O lapis do carpinteiro (2003), de Antón Reixa, Rosas (2005), curtametraxes de Mikel Fuentes, Cicatrices, curtametraxes de Jairo Iglesias, Un franco, catorce pesetas (2006) de Carlos Iglesias e Vida de familia (2007) de Llorenç Soler.
Os seus últimos proxectos ata a data foron as películas O vestido (2008), de Pula Luque e Agallas (rodada no verán de 2008), de Andrés Luque e Samuel Martín, xunto a Carmelo Gómez e Hugo Silva entre outros. En televisión formou parte no 2007 do reparto da serie Efectos Secundarios para a TVG e no 2008 colabora en Eu son Bea e contame como pasou entre outras.
SABELA HERMIDA
A súa formación académica é ampla e variada, con todo tipo de cursos teatrais e escénicos, ata completar un Doutoramento en artes Escénicas pola Universidade Juan Carlos Rey de Madrid.
Ademais posúe coñecementos musicais, con diferentes cursos de música clásica, flamenca e do ventre,e ten realizado espectáculos como bailarina.
En cine e televisión destacan os seus papeis nas series autonómicas Efectos Secundarios e Libro de Familia, así como traballos nas longametraxes "Camarón" de Jaime Chávarri e "Héctor" de García Querejeta.
En teatro a súa experiencia é grande entre os que destacan a súa participación como protagonista no 2009 en "Planeta Sacromonte", dirixida por Hugo Pérez; no ano 2008 "O amor de Don Perlimplín con Belisa no xardín", dirixida por Irina Kourbeskaya.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
Rosa de dous aromas. | 703.54 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER