XVI Seminario de Historia

SeminarioPor dezaseis anos consecutivos, a concellería de cultura do concello de Culleredo organiza o "XVI seminario de historia" de Culleredo, que naceu cos obxetivos de sobras cumpridos de achegarnos a nosa historia local, en todos os seus períodos, e contextualizar a mesma co sucedido en Galicia e mesmo en España: e tamén recuperar a memoria histórica, tratar de desentrañar períodos non suficientemente estudados, ou recuperando a memoria que nos furtaron durante anos.

O seminario de historia de Culleredo é un dos mais antigos de Galicia, abordando moitísimos aspectos da nosa historia, coa presenza de destacadísimos especialistas tanto galegos como de outros lugares do estado, e a asistencia de arredor de duascentas persoas por edición, tanto do ambente docente e universitario como, esto é unha particularidade do seminario, cidadáns e cidadanas interesados pola súa historia. o pasado ano dedicamos unha edición especial ao poeta "Uxio Novoneyra e o seu contexto histórico, con destacados intelectuais e literatos, este ano recuperamos un tema mais histórico pero tratando de darlle unha nova dimensión. o tema será "cine e memoria histórica", xa que nos últimos meses teñen aparecido numerosos cortos, documentais, etc. vinculados coa recuperación da memoria que explican moi ben, aspectos ou sucesos acaecidos no período republicano, na guerra ou no franquismo, acompañados de mesas redondas e conferencias.

O seminario celébrase os días 25, 26 e 27 de novembro no edificio de servizos múltiples do burgo, onde contaremos cun novo equipo de proxeccións nas nosas instalacións para visionar cine.

É habitual no contexto do seminario que haxa un espectáculo que este ano será a presenza, moi pouco frecuente, do poeta Carlos Oroza e o seu poema non escrito "Elencar", chamado o poeta maldito, ou representante da poesía galega, mais beat, undergraund, hipey, ou como se lle queira chamar. será o día 26 ás 20´30 h. (xunto programa).

 

 

Vista previaAdxuntoTamaño
diptico seminario233.47 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina