Presentación o mércores 17 de novembro de 2010, ás 20.00 h, na Biblioteca de Poesía "Uxío Novoneyra" (Pazo de Vila Melania - Vilaboa).
Interveñen:
Celestino Poza Domínguez, concelleiro de Cultura.
Miguel Anxo Fernán Vello, editor.
Xosé María Barja Pérez, reitor da Universidade da Coruña.
Xosé Ramón Barreiro Fernández, historiador, ex-presidente da RAG.
Carlos Pereira Martínez, autor.
Acollemos, na Biblioteca de Poesía "Uxío Novoneyra" de Culleredo a presentación do libro A Galicia heterodoxa, de Carlos Pereira Martínez, historiador do Concello de Culleredo, publicado pola editorial Espiral Maior.
Neste libro recolle e amplía o autor varias investigacións que deu á luz nos últimos anos, centradas, case todas, en ámbitos pouco explorados ou tratados pola historiografía galega: o mundo da heterodoxia, dos homes e mulleres que formaron parte de institucións ou entidades situadas nas marxes do pensamento dominante ou da relixión: francmasonería, teosofía, rosacrucismo, rotarismo, libre pensamento, dereitos de homes e mulleres, etc., comprobándose que Galicia non permaneceu allea a esas correntes defensoras da liberdade de conciencia.
Quedan convidados.
Para máis información ver o arquivo que se achegue.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
DIPTICO LIBRO A GALICIA HETERODOXA | 171.44 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER