O vindeiro mércores 26 de xaneiro ás 20h. presentase na biblioteca "Uxio Novoneyra" de Vilamelania- Vilaboa, os froitos do II taller de poesía de Culleredo, celebrado na primavera do 2010, e dirixido polo poeta e editor Miguel Anxo Fernan Vello. tratase da presentación do libro "Mazas Bermellas", que recolle poemas dos 22 participantes neste taller, que se suma ao presentado o pasado ano, produto do I taller do 2009, titulado "amor e cidade", editados amabolos-dous pola editorial "Espiral Maior" e a Concellería de Cultura do Concello de Culleredo, organizadora dos talleres. No acto presidido polo Concelleiro de Cultura, Celestino Poza e Miguel Anxo Fernan Vello anunciarase o próximo III taller que celebraremos proximamente este ano 2011, e constara do recital dos poemas elaborados polos participantes, e que figuran nesta publicación ademais do acompañamento do "Dúo de guitarra e voz" do conservatorio de musica de Culleredo.
Segundo o director do curso, destaca a alta calidade dos participantes, e dos poemas publicados, que forman parte xa da actual poesía galega.
Vista previa | Adxunto | Tamaño |
---|---|---|
DÍPTICO LIBRO TALLER DE POESÍA CULLEREDO 2011-13 | 148.97 KB |
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER