Teatro Infantil: "Sr. Mundo, dígame?"

A Concellería de Cultura do Concello de Culleredo organiza no Colexio "Ría do Burgo" o martes 1 de febreiro ás 12h. a representación teatral de factoría teatro: "Sr.Mundo, dígame?",enmarcada dentro da campaña de dinamización lingüística boca aberta patrocinada Sª Xeral de Política Lingüística e a editorial "Tambre-Edelvives".

Dirixida aos alumnos/as de 6 a 8 anos. Esta representación está enmarcada dentro da campaña de Dinamización Lingüística BocaAberta patrocinada polo Servizo de Planificación Lingüística , dependente da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e coa colaboración da Editorial Tambre-Edelvives.
Este proxecto complementase co traballo sobre un texto poético. Con está acción o que se pretende é promocionar participativamente a lingua galega para máis de 3000 rapaces mediante os libros, a animación e os recursos visuais. Preténdese, tamén, achegar a poesía aos rapaces a través do libro "Carabín, Carabón do poeta Antonio García Teijeiro. Un libro de poemas baseado principalmente no folclore infantil.
O neno/a comprende así o marabilloso xogo do ritmo que poden encerrar as palabras elixidas segundo a el lle pete.
A animación teatral corre a cargo da compañía de Factoría Teatro coa obra "Sr.Mundo, dígame". Está función consiste nun recital de poesía usando de fío condutor uns poemas que Paula Carballeira lle regalou a Factoría Teatro, baseándose en versos de Celso Emilio Ferreiro e Antonio García Teijeiro.
Son 50 minutos á procura da palabra, un recital de poesía, de poesía sonora, de poesía visual...un regalo para os sentidos. Elixiuse a poesía porque ten sonoridade, ritmo e porque pódese reconstruír e inventala, pódese xogar con ela.
A música utilízase para crear ambientes e sonoridade que nos transporten á natureza polos seus catro elementos: Terra, Aire, Auga e Lume.
Os obxectivos deste espectáculo son desenvolver a imaxinación dos rapaces a través fundamentalmente das imaxes, dos sons e do movemento. Tamén é importante o coñecemento da lingua a través do descubrimento da palabra e finalmente o coñecemento do medio.

A poesía vai acompañada por unha posta en escena dinámica conducida por dous graciosos personaxes (Plimplín e Clan), dous exploradores que se encargan de axudar ó Señor Mundo.
A posta en escena está enriquecida cunha fantástica banda sonora.
Tomando como personaxe central ó Señor Mundo, faise un percorrido por cada un dos elementos fundamentais que o compoñen: Terra, Aire, Auga, e Lume, relacionando cada un con cadanseu animal. Para a Terra eliximos ó caracol, que se despraza arrastrándose por ela, para o Aire ó paxaro que voa por el, na Auga o peixe que nada nela e para o Lume escollemos a serpe que se desliza por lugares de calor abafante.
Cada animal terá un movemento específico co que traballaremos aspectos psicomotrices.
Cada elemento está vinculado tamén cun instrumento musical e son característico, e coa súa música da banda sonora do espectáculo que se acompañan dun movemento tamén diferenciado.
Recitan Rocío González e Toni Salgado comandados por Alfredo Rodríguez, con música de Irene Amado, vestidos por La Canalla, decorados de Isabel Sardiña e movidos por Olga Cameselle con palabras de Paula Carballeira, Celso Emilio Ferreiro e Antonio García Teijeiro.
"Factoría Teatro" comeza a súa andaina na primavera de 1992.
Nace pola necesidade dos seus compoñentes de crear un espazo de difusión e potenciación da creación teatral contemporánea dentro dun traballo de investigación no mundo artístico e pedagóxico.
Así oito anos mais tarde, inaugura o asesoramento pedagóxico no departamento de teatro dentro da "A Artística teatro e danza" , un espazo adicado ao fomento das artes escénicas, en especial ao teatro e á danza contemporáneas, sito en Vigo.

 

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina