Ás Bibliotecas Miguel Gonzalez Garces do Edificio de Servizos Multiples do Burgo e Xose Cardeso Liñares de Vilamelania-Vilaboa, dependentes da Concelleria de Cultura do Concello de Culleredo, teñen presentado o seu balance anual cun incremento neste ano en todas ás cifras da mesma, aumentan os socios nun 15% con respeto o ano anterior, situando en dezmil os socios, sumadas ás duas bibliotecas, se incrementan o numero de visitas de 30550 o pasado ano a 33.000 neste ano; os prestamos superan os 15.000.
O numero de visitas as nosas Bibliotecas ao dia ten unha media de 150 persoas, aumentando con respeto o pasado ano na Biblioteca Xose Cardeso de Vilaboa, na que notamos unha tendencia a ir equiparandose a Biblioteca do Burgo.
As Bibliotecas de Culleredo dispoñen de 30.000 volumenes informatizados a dispor dos cidadans, e destaca o prestamo de libros infantis: sendo os mais prestados ás coleccións de Geronimo Stilton,historias de Álex, e o Club das Princesas.
Os adultos piden sobre todo Novela destacando: "Venganza en Sevilla" de Matilde Asensi, "Sangre derramada" de Asa Larssón, "lo que el dia debe a la noche"de Yasmina Khadra.
Queremos tamen salientar o aumento de participantes,un 20%,nas actividades de Animación a lectura, para adultos,enchendo caseque o 100% os clubs de lectura de mañan e tarde,asi como a totalidade de prazas dispoñibles nas tertulias: de Poesia que dirixe M.A.Fernan Vello,con mais de 35 persoas;a de Arte,con 20 alumnos que dirixe a Pintora Luisa Valdes;e ás 25 persoas da tertulia literaria de Nancy Garcia Mondelo.
Loxicamente,o gran protagonista da nosas Bibliotecas, polo gran crecimento demografico de Culleredo, un dos mais destacados de Galicia, son OS NEN@S DE CULLEREDO, coa sua presencia constante tanto na lectura en sala, como no prestamo,como sobre todo no especifico PROGRAMA DE ANIMACIÓN A LECTURA,que realizamos e que nos ultimos anos ven sendo merecedor de varios Premios, como o estatal Maria Moliner.Realizamos tres Programas:Contos en Ingles unha vez o mes con 35 nen@s por sesión;obradoiro de contos,por medio de debuxo, materias artisticos, manualidades, etc, unha vez o mes con 25 nen@s;e os Contacontos coa presenza de 50 nen@s cada sesión unha vez o mes.
Todos estes datos son producto dun excelente trato do personal das bibliotecas, do acertado do deseño das nosas actividades, e do axeitado e actualizado sistema de adquisición de novidades editoriais que realizamos.
Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...
Emisións en directo e material audiovisual.
El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER