Entroido Culleredo 2011

Entroido 2011O venres 4 de marzo comeza o Entroido en Culleredo, como sempre descentralizado por parroquias e moi participativo en toda a poboación, que encherá de festas e ledicia as parroquias de Culleredo, e centros Culturais do Concello de Culleredo.

Serán arredor de 7 actos festivos por toda a xeografía cullerdense, nun esforzo do goberno local e as asociacións, que sacrifican actos maioritarios polo espallamento e a diversificación dos mesmos polos distintos lugares de Culleredo, e que se alongará ata o 12.

Actuarán diversos grupos musicais e orquestras, de animación infantil e comparsas en locais públicos e espazos abertos co compromiso das distintas asociación e Centros Culturais de potenciar e relanzar o Entroido Cullerdense, que conta tamén con numerosas citas gastronómicas e festas infantís nos distintos lugares.

Destacan como sempre a "Romaría de San Blas" en Veiga, cita con Entroido máis tradicional, onde choqueiros e coplas satíricas fan as ledicias dos asistentes o luns 7 de marzo.

Outras das citas importantes é a Festa do chocolate en Servizos Múltiples, festa infantil que congrega o sábado 5 a preto de 1000 nenos/as.

Vilaboa terá tamén unha importante festa de Entroido o martes 8 de carnaval, unha das máis concorridas do calendario festeiro de Entroido, onde haberá baile e concurso de disfraces con premios.

A festa dos maiores o 11 de marzo en Servizos Múltiples do Burgo, encontro multitudinario dos maiores do Concello.

Pero o máis destacado do Entroido cullerdense é a participación e a descentralización polos lugares e parroquias da xeografía municipal.

A Concellería de Cultura quere facer un chamamento á poboación, sobre todo aos mais novos, a non utilizar petardos ou sprais, que poñan en risco a integridade física do lanzador e os acompañantes.

A divertirse sen converter a Festa nun suceso a lamentar.

Programa

Venres 4

Ás 11 horas terá lugar no Edificio Municipal de Servizos Múltiples do Burgo a Festa do Entroido das Escolas Unitarias de Culleredo coa participación de máis de 200 nenos/as pertencentes ás escolas unitarias de 3 a 5 anos, en colaboración co Servizo Municipal de Educación.

Sábado 5

O sábado 5 de marzo, pasa por ser un dos días grandes do Entroido Cullerdense coa celebración da Festa do Chocolate:

As 17 horas no Edificio Municipal de Servizos Múltiples do Burgo celébrase a máis concorrida das festas locais, a "Festa infantil do chocolate" onde será repartido aos nenos/as asistentes, máis de mil todos os anos, chocolate con churros, ademais da actuación do grupo de Animación Infantil Fantasía con xogos e cancións, o reparto de caretas e larpeiradas.

Domingo 6

O domingo 6 de marzo no Centro Cultural Torre de Celas - "Peña o Cruceiro" vivirase unha tarde- noite de Entroido:

• Ás 18 horas Festa Infantil de Entroido co espectáculo de Animación Fantasía.
• Ás 20 horas baile de Entroido co Dúo Fantasía.

Luns 7

O luns 7 pasa por ser un dos días grandes do Entroido Cullerdense, a mais de ser o máis tradicional xa que se celebra no val de Veiga a Romaría de San Blas.

As 13 horas: celébrase xunto o cruceiro de Veiga, en Ledoño a Romaría de San Blas, vestixio do antigo Entroido que se celebraba a mediados do século vinte e recuperada en 1984 pola Corporación Municipal Cullerdense e que se ven celebrando dende entón de xeito ininterrompido xunto o cruceiro de Veiga. Á Romaría de San Blas baixan os choqueiros de todo o val de Veiga, dende Castelo, Celas, Peiro, Ledoño, Bregua, Orro, Sésamo, etc., a ler o TESTAMENTO, que son coplillas satíricas e envelenadas sobre os sucesos anuais no val de Veiga e tamén sobre a política local xeral.
Como sempre, este ano actuarán varias comparsas da Comarca, haberá un concurso choqueiro, lerase o testamento e actuará a Orquestra "Juan Mallo".

As 17 horas no Centro Cultural Culleredo haberá unha Festa Infantil co grupo de Animación fantasía e larpeiradas.

As 22 horas no mesmo Centro Cultural de Culleredo haberá baile de entroido coa orquestra "Juan Mallo".

Martes 8

O martes 8 de marzo, "Martes de Entroido" é festivo local en Culleredo, celebrándose actividades de Entroido.

As 21 horas no Centro Social de Rutis - Vilaboa celébrase un dos bailes de Entroido máis concorridos da comarca, onde haberá un concurso de disfraces con premio: 120€ (primeiro premio), 60€ (segundo premio), 30€ (terceiro premio), 120€ (comparsas); amenizado pola gran orquestra "Jerusalén" e agasallos para as nenas/os disfrazadas.

Venres 11

Ás 17 horas, tamén no Edificio Municipal de Servizos Múltiples de O burgo terá lugar en colaboración coa Concellería de Benestar Social a FESTA DE ENTROIDO DOS MAIORES, unha das máis concorridas do Entroido Cullerdense con máis de 500 persoas chegadas de todas as parroquias de Culleredo e onde abondan os disfraces e as larpeiradas. A máis da actuación dun grupo musical haberá concurso de disfraces, filloas, orellas, etc., e será servida unha chocolatada.

Sábado 12

O sábado 12 de marzo remata a Programación do Entroido 2011 en Culleredo organizada pola Concellería de Cultura nas parroquias e lugares de Culleredo cun baile de Entroido no Centro Cultural de Almeiras ás 22 horas coa orquestra "Trova".

Para mais informacion ver o arquivo que se achega.

Vista previaAdxuntoTamaño
2011_ENTROIDO859.15 KB

Sede electrónica

Trámites en liña, taboleiro oficial, carpeta cidadá...

 

Canle Culleredo

Emisións en directo e material audiovisual.

 

Teléfonos de interese

  • Casa do Concello981.677.777
  • A Escada981.664.452
  • C.F.Pablo Picasso981.664.204
  • Centro de información ás mulleres (CIM)981.654.570
  • Centro municipal asociativo981.652.122
  • Conservatorio de Música981.667.798
  • Edificio usos múltiples981.665.597
  • Policia Local981.677.755
  • Protección Civil981.651.879
  • Servizos sociais de O Burgo981.654.570
  • Servizos sociais de Vilaboa981.660.079
  • Villa Melania981.650.077

Séguenos en Twitter

El diseño de esta página web forma parte de las actuaciones de difusión del proyecto DINAMO financiado por el FEDER

Patrocina